Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

nx

<strong>nx</strong> Unha das campañas publicitarias que máis nos chamaron á atención ó longo dos últimos meses foi a de "nx". Quizais isto se deba á súa orixinalidade: repartíanse folletos de diferentes cores e dunha forma non moi común nos que se podía ler “nx”, “una marca surfera?”, “ A que es un nuevo coche?”, “Algo de Internet…fijo”, “ un perfume…”, “Que es un refresssco”. Todas elas escritas en varios tipos de letras, semellando que foran escritas por diferentes persoas. Ademais tamén podíamos ver vallas cos mesmos mensaxes.
Teño que recoñecer que deu moito que falar entre o grupo de amigos e máis o día no que na glorieta que hai ó saír da facultade, un grupo de xoves portaban pancartas co mesmo texto. Cada un deles tiña unha unha postura diferente e por se lle preguntaramos que era nx, levaban a boca tapada por se caían na tentación de falar.
Todo isto tiña unha razón: un concurso. Dábanche a oportunidade de votar sobre o que ti pensabas que era nx. Só por participar entrarías no sorteo dun
grabador/reproductor MP3/WNA con radio.
Non se pode considerar que fora unha campaña que pasara desaperciba, senón todo o contrario: as cores incitábante a coller os folletos, o tipo de letra a lelos e o texto e a intriga que causaba a participar no concurso. A todo isto teríamoslle que engadir que as vallas estaban situadas dun xeito estratéxico, de forma que foran vistas por tódolos estudantes de publicidade de Pontevedra.
A sorpresa foi de todos cando se soubo realmente de que se trataba cando se estaba a falar de nx: unha páxina web con información para xente nova, a mesma que fora feita provisionalmente para dar o teu voto.
Pódela visitar en www. novaxove.com
Que opinas sobre campaña de "intriga" (como eles mesmo a denominaron)? Podes consultar diversas opinións aquí.

1 comentario

sheila -

Bua la pagina esta está muuu bienn,me gusto mucho la originalidad que tuvo la compañia pa acer un anuncio publicitario que destacara de los demas y que llamara la atencion.