Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Coca Cola segue sorprendéndonos

Coca Cola segue sorprendéndonos Sra. Rushmore foi a encargada de realizar a nova campaña institucional de Coca Cola. A mensaxe que pretenden transmitir é que a vida non se apaga co fin dista. Niste spot de televisión atrévense a convertir un enterro nun canto á vida, plantexándonos valores que sempre foron defendidos pola marca como a alegría, a universalidade, o compromiso, a integración e a solidariedade.

Seguramente será criticada polo tema que tratan, pero sen embargo non é a primeira vez que recurren á iconografía mortuoria. Hai que ter en conta do tema tratado, o que prevalece é a alegría de vivir. Soñando, alguén se pode preguntar quen acudirá ó seu enterro. E aí está o resultado: xoves e vellos; executivos e undergrounds; saltimbanquis e limpiadores de plaias infectadas de petróleo. E Coca Cola no medio de todos eles, como un nexo de unión, de igualdade entre todas as razas, clases e condicións.

E a música? Esta vez nun cover, a ritmo de blues, da mítica canción Somebody to love, de Queen. E a imaxinación, sempre a imaxinación, en forma dun enorme peixe propio das historia sde Julio Verne e que, como unha reencarnación do máis alá, trágase ó homenaxeado, evitando así, que a súa existencia se perda no azul marino. Os soños, soños son.

Para ver o spot pincha aquí

2 comentarios

Natalia -

Coca Cola como siempre sorprendiendo, como bien dices. Pero creo que esta vez toca un tema un poco delicado, que suele tratarse de una manera muy recatada y formal, y en el espot lo enfocan con alegría y buen humor. Coca Cola es así, original e impredecible como siempre. Pienso que con este spot pretenden decir que vivas la vida al máximo, pero bueno, cada uno lo interpreta como quiera, ¿no?

Por si no te lo he dicho, enhorabuena por el blog!

Ana -

Ainda non vin o anuncio pero con o que nos dis e sabendo que é de coca cola aposto por él.
Por certo, e iso dos limpiadores de praias infectadas de petróleo no enterro??? Que punto non?