Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

"La era del ser humano"

"La era del ser humano" O novo spot de Aquarius, realizado por Sra. Rushmore ten como argumento principal a grandeza do ser humán e a súa capacidade para superar calqueira previsión. Iste tema foi elexido de entre as diversas mensaxes que se lanzaban na anterior campaña da marca: a imprevisiblidade do ser humán, que a xente fai o que lle dea a gana, que o márketing en ocasións non funciona como se quere,... en fin, como eles din: "a era Aquarius". Persoalmente opino que é un tema moi vinculado coa actualidade... hoxe en día, e máis que nunca, a xente pretende actuar coa máxima liberdade posible, desafiando o que faga falla e intentando cumplir os seus soños sexa como sexa.
Por isto elexiron como protagonista da súa nova campaña a Justo Gallego, un home que, sin outra razón máis que a súa propia vontade, realizou algo que a ninguén (no seu sano xuízo) se lle ocorrería facer: construír unha catedral. E menos sen apoio oficial nin axuda de ningún tipo.
A acción apoiase na creación dun espazo web na dirección: www.aquariusesjusto.com

Quen lle ía a dicir que sería tan como coñecido como o é agora??? E iso que aínda non alcanzou nin a metade da popularidade que chegará a alcanzar. Por iso que, como algúns din, a vida é para os que se saen da normalidade e loitan polo que queren.

0 comentarios