Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Novas campañas

Coca Cola

Coca Cola Non me gusta nada o anuncio que se está emitindo de Coca Cola estos días. Creo que non fai falta explicalo porque con só velo unha vez, nunca te olvidas del.
Persoalmente prefiro os anuncios que teñen un tono un tanto sentimental que este tipo de campañas que siguen a liña do "Pita pita", nos que a música é tan importante. Quizais queiran presentar a marca dende unha visión humorística, pero non me chega a convencer.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

"Cada vez cuenta, piensa"

"Cada vez cuenta, piensa" Acabo de escoitar na radio que a Fundación de Axuda contra a drogaadicción (FAD) está pondo en marcha unha campaña de sensibilización social dirixida ós xoves entre 18 e 25 anos para aumentar a concienza de peligro ante o consumo de drogas. Ademais, preténdese provocar a reflexión.
Dita campaña emitiranse en televisión e en radio durante 6 meses en castelán e en catalán e poderemos ver dous gráficos en prensa, un banner en Internet e a web www.cadavezcuenta.com

A perfeción é imposible de soportar???

A perfeción é imposible de soportar??? A nova campaña do audi A8 está baseada no sindrome Stendhal (alteración do pulso, falta de aire,.... e todo isto causado cando nos atopamos coa perfeción).
Paréceme unha boa idea basearse nalgo real para realizar anuncios, así daráselle a coñecer ó público que antes non sabían. Creo que é acertada a música que usan no anuncio... acompañada moi ben pola voz que elexida.
O que queren transmitir é que o audi A8 é perfecto... e polo tanto non se estarían contradecindo??? Non están dicindo que sería imposible aguantar conducindo un A8?

El placer ha sido mío

A verdade é que levo unhas semanas escoitando comentarios de todo tipo sobre a nova campaña de Durex Algúns din que é orixinal e que facía falta anuncios dese tipo en televisión. Outros, argumentan que é un spot simple e que dende o primeiro momento sábese de que se está a falar, é dicir, non intriga ós espectadores...
A campaña foi realizada por McCann Erikson, creadora de gran parte dos spots de Coca Cola. Pero nista ocasión hai quen pensa que baixaron o seu nivel e esperemos que non sigan ise camiño...

"La era del ser humano"

"La era del ser humano" O novo spot de Aquarius, realizado por Sra. Rushmore ten como argumento principal a grandeza do ser humán e a súa capacidade para superar calqueira previsión. Iste tema foi elexido de entre as diversas mensaxes que se lanzaban na anterior campaña da marca: a imprevisiblidade do ser humán, que a xente fai o que lle dea a gana, que o márketing en ocasións non funciona como se quere,... en fin, como eles din: "a era Aquarius". Persoalmente opino que é un tema moi vinculado coa actualidade... hoxe en día, e máis que nunca, a xente pretende actuar coa máxima liberdade posible, desafiando o que faga falla e intentando cumplir os seus soños sexa como sexa.
Por isto elexiron como protagonista da súa nova campaña a Justo Gallego, un home que, sin outra razón máis que a súa propia vontade, realizou algo que a ninguén (no seu sano xuízo) se lle ocorrería facer: construír unha catedral. E menos sen apoio oficial nin axuda de ningún tipo.
A acción apoiase na creación dun espazo web na dirección: www.aquariusesjusto.com

Quen lle ía a dicir que sería tan como coñecido como o é agora??? E iso que aínda non alcanzou nin a metade da popularidade que chegará a alcanzar. Por iso que, como algúns din, a vida é para os que se saen da normalidade e loitan polo que queren.

Coca Cola segue sorprendéndonos

Coca Cola segue sorprendéndonos Sra. Rushmore foi a encargada de realizar a nova campaña institucional de Coca Cola. A mensaxe que pretenden transmitir é que a vida non se apaga co fin dista. Niste spot de televisión atrévense a convertir un enterro nun canto á vida, plantexándonos valores que sempre foron defendidos pola marca como a alegría, a universalidade, o compromiso, a integración e a solidariedade.

Seguramente será criticada polo tema que tratan, pero sen embargo non é a primeira vez que recurren á iconografía mortuoria. Hai que ter en conta do tema tratado, o que prevalece é a alegría de vivir. Soñando, alguén se pode preguntar quen acudirá ó seu enterro. E aí está o resultado: xoves e vellos; executivos e undergrounds; saltimbanquis e limpiadores de plaias infectadas de petróleo. E Coca Cola no medio de todos eles, como un nexo de unión, de igualdade entre todas as razas, clases e condicións.

E a música? Esta vez nun cover, a ritmo de blues, da mítica canción Somebody to love, de Queen. E a imaxinación, sempre a imaxinación, en forma dun enorme peixe propio das historia sde Julio Verne e que, como unha reencarnación do máis alá, trágase ó homenaxeado, evitando así, que a súa existencia se perda no azul marino. Os soños, soños son.

Para ver o spot pincha aquí

Despierta, es de noche

Despierta, es de noche Creo que todos vimos a nova campaña publicitaria de Larios. Trátase de publicidade seriada, xa que está composta por catro gráficas diferentes:
1. Hazte antártico.
2. Hazte groenlandés.
3. Hazte islandés.
4. Hazte lapón.

Titúlase "países" e nela invítannos a adentrarnos e identificarnos con estos países nos que as noites duran meses.

A súa páxina web vale realmente a pena. Nela podes consultar datos sobre a marca e tamén sobre concursos e festas que preparan.

Caricias

Caricias Caricias é o título do novo spot do Volkswagen Passat que podemos ver durante estas últimas semanas en televisión. Supoño que todos nos chamaría esta anuncio á atención. A min o que máis me sorprende é a capacidade de espertar sensacións sen facer uso da palabra (só con imaxes e con música). Foi creado pola DDB, que realizou entre moitas outras campañas a da ONCE ("Yo te doy cremita, tú me das cremita..., Tengo gambas, tengo chopitos, tengo croquetas,... ou a súa versión en inglés: I have gambas, I have croquetas,...")ou a de Telefónica ADSL.
Datos sobre "Caricias":
Axencia: DDB Barcelona
Anunciante: V.A.E.S.A.
Producto: Automóbil
Marca: Volkswagen Passat
Contacto do cliente: Caita Montserrat, Albert García
Director creativo executivo: Jose Mª Roca de Viñals
Director de arte: Josep Mª Basora
Redactor: Pepe Colomer
Director da conta: Gorka Lozano
Executiva de contas: Laura del Río
Producer: Vicky Moñino
Productora: Lee Films International
Realizador: Victor Garcia
Productores executivos: Belen del Rey, Ángel Recio
Operador: Paco Femenía
Post-producción: Miopia
Estudio de sonido: BSO
Jingle: “In the mood for love”, de Yumeji’s Them.
Autor e intérprete: Shigeru Umebayashi.
Peza: Spot TV 40""

Melendi e o chocolate.

Melendi e o chocolate. Non son poucas as ocasións nas que unha persoa famosa protagoniza unha campaña publicitaria. No novo spot de Tokke podemos ver a Melendi. Nel, a música que podemos escoitar é o single do novo disco do cantante asturiano, Que el cielo espere sentado, que sairá á venda mañá (25 de abril). Opino que entre o producto e o artista se produce unha relación de necesidade mutua, aprobeitándose Tokke do éxito que acadará co seu novo traballo e ó mesmo tempo Melendi da fama da marca de chocolatinas.
Para ver o spot pincha aquí:

Ficha técnica:
Creatividad e anunciante: Cadbury
Producto: Barritas de chocolate
Marca: Tokke
Productora: Nephilim Producciones
Realizador: Alberto Ruiz-Rojo
Productor executivo: Jorge Moreno
Director de producción: Luis Cristóbal
Postproducción: Quimera Digital
Estudio do son: Sound Garden
Peza: Spot TV 20"
Título: "Tokke, el chocolate que más me pone""
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres.

RENFE

RENFE Renfe estrea nova identidade corporativa e reforza o seu posicionamento como compañía líder do mercado dos transportes, aspectos que se dan a coñecer na campaña publicitaria, a cal comezou a emitirse o día 19 de abril en televisión, cine, internet, .... Vamos al futuro, ¿subes? é o eslogan deste traballo que foi realizado por Contrapunto.
A campaña permanecerá en antena ata finais do mes de maio.

Light Fever

Light Fever O novo spot de Coca Cola Light titúlase "Micrófono" e é obra de Publicis. Nel, repásanse algúns dos éxitos do grupo Mecano. Así, comezouse a emitir coincidindo co estreno do musical "Hoy no me puedo levantar", no que participa Nacho Cano, un dos integrantes do famoso grupo de pop español que tanto éxito acadou na década dos 80. Unha botella de Coca-Cola light utilízase como micrófono e é o fío conductor dista peza musical. O baile, a música e a enerxía son os aliados da marca neste novo capítulo de su campaña Light Fever. Poderá ser visto ata finais do mes de maio e tamén en cines.
Ficha técnica:

Axencia: Publicis España, S.A.

Anunciante: Coca-Cola España

Producto: Coca-Cola Light

Contacto Cliente: Félix Muñoz, Carmen Lorenzo e Mónica Rubio

Directores Creativos: Mari Luz Sánchez / Luis Solero

Redactora: Mari Luz Sánchez

Director de Arte: Luis Solero

Producer: Fernando García-Patos

Directora de Contas: María José Cancela

Supervisora de Contas: Begoña Pérez Rivas

Executivo de Contas: Mercedes Prieto

Productora: Albiñana Films

Realizador: Ramsés Albiñana

Productor: Eva Rodríguez

Música: Nacho Cano

Pieza: Spots TV 45” Y 30”

Coca Cola Light lanzouse en España en 1984. Daquela as campañas publicitarias insistían na ausencia de calorías con reclamos como “para estar mejor”, “menos de 1 caloría por vaso” ou “por un cuerpo así”. En 1992 a publicidade deu un xiro estratéxico. Elton John é o protagonista dunha campaña na que aparecen tamén estrellas de Hollywood como James Cagney ou Bogart. Pero o gran salto prodúsece en 1994 co anuncio do ‘chico coca-cola light’ e ‘a hora coca-cola light’. Dende entón, aumentou o número de consumidores masculinos da bebida.

Rafa Nadal

Rafa Nadal A axencia Bassat Ogilvy encargouse dun dos últimos anuncios de Cola Cao, no que o protagonista é Rafa Nadal. Non é a primeira vez que esta marca recurre a deportistas xoves (Dani Pedrosa) e ás súas nais para protagonizaren os spots. Neles, a nai é a narradora, que vai facendo un percorrido pola vida do seu fillo: cando comezou a afecionarse polo deporte, as horas de sacrificio,... Todo isto, mentres se suceden imaxes do protagonista.
Para máis datos sobre o anuncio e poder velo, pincha aquí.

Segunda pel

<strong>Segunda pel</strong> A mensaxe que Levi´s nos quere transmitir na súa nova campaña gráfica correspondente á temporada primaveira-verán é que os Levi´s son como a nosa segunda piel. Podemos ver mostras dela tanto en exteriores como en revistas femininas, masculinas ou de tendencias. A campaña consta dunha serie de imaxess que mostran retratos sensuales de mozos e mozas que levan os seus jeans cosidos ó cuerpo. Desta xeito quérese mostrar a estreita e forte relación que existe entre uns jeans Levi’s e o seu dono. Por isto o eslogan: "Nada pode separalos".
BBH encargouse de crear a campaña e Robin Derrick foi o fotógrafo elexido. Iste, é o director creativo da edición británica de Vogue.
Durante o pasado mes de febreiro a marca puxo en marcha unha campaña televisiva centrada no modelo 501 con Anti-Form. Así, convirten Sueño de una noche de verano de Shakespeare nunha moderna historia de amor.

DEPORTE, MÚSICA E DANZA

É a danza un deporte??? Para Nike si. Por iso presentan unha nova colección Nikewomen conectando co xeito de ser da muller actual, transgresora e en forma.
Inspiráronse nsa tendencias hip hoperas e en varios estilos deportivos. O texido Dri-Fit xoga un papel moi importante.
A protagonista do spot central da campaña de Nike Woman é unha arxelina de 22 anos chamada Sofía. A ritmo de hip hop leva ó límite a súa flexibilidade e talento seguindo os consellos de Jamie King (coreógrafo de Madonna e Prince). O spot acaba con un reto. Só o altavoz marca as súas rutinas.
Máis de 50 persoas de distintos países estiveron involucradas na realización deste spot.

A fotografía publicitaria

<strong>A fotografía publicitaria</strong> A fotografía publicitaria exige técnica e creatividade a partes iguais, pero sempre ó servicio da funcionalidade que exige a adaptación ós intereses comenciais, xa que o fin é o aumento de ventas. Só se se aumenta o número de ventas tras a campaña, poderase valorar positivamente a capacidad publicística da fotografía.
Pódese inspirar na realidade, pero o que represesnta é unha realidade deseñada e posteriormente construída. A diferencia de outros xéneros fotográficos, a fotografía publicitaria crea o momento e a escena e o fotógrafo esfórzase por captalos, empregando tódalas técnicas que estean ó seu alcance. Poderase recurrir a diferentes técnicas e trucos co fin de lograr a imaxe que se desexa.
A fotografía publicitaria debe de ter presente dous aspectos: a limitación creativa que supón a funcionalidade da publicidade e a necesidade dunha dosis de orixinalidade para que se impoña esta funcionalidade, polo que se poderá dispoñer dun marxe de creatividade amplo, ainda a pesar das restriccións da funcionalidade.

Non podemos olvidar os recursos estéticos dentro da fotografía publicitaria, como elementos utilizados para a búsqueda da orixinalidade, sendo preciso prestar atención ós cambios estéticos que constantemente se dan na nosa sociedade. Sen olvidarnos dos valores positivos da estética, porque na maioría dos casos, o bonito atrae moito máis a atención que lo feo, provocando un culto á beleza dentro do discurso publicitario.

Dentro deste campo son coñecidos fotógrafos como Pasquale Caprile, Bernard Rives, Carlos Rondón, Cristina Arce, Jordi Bonfill, Héctor Nahmad, ...

A fotografía publicitaria

<strong>A fotografía publicitaria</strong> A fotografía publicitaria exige técnica e creatividade a partes iguais, pero sempre ó servicio da funcionalidade que exige a adaptación ós intereses comenciais, xa que o fin é o aumento de ventas. Só se se aumenta o número de ventas tras a campaña, poderase valorar positivamente a capacidad publicística da fotografía.
Pódese inspirar na realidade, pero o que represesnta é unha realidade deseñada e posteriormente construída. A diferencia de outros xéneros fotográficos, a fotografía publicitaria crea o momento e a escena e o fotógrafo esfórzase por captalos, empregando tódalas técnicas que estean ó seu alcance. Poderase recurrir a diferentes técnicas e trucos co fin de lograr a imaxe que se desexa.
A fotografía publicitaria debe de ter presente dous aspectos: a limitación creativa que supón a funcionalidade da publicidade e a necesidade dunha dosis de orixinalidade para que se impoña esta funcionalidade, polo que se poderá dispoñer dun marxe de creatividade amplo, ainda a pesar das restriccións da funcionalidade.

Non podemos olvidar os recursos estéticos dentro da fotografía publicitaria, como elementos utilizados para a búsqueda da orixinalidade, sendo preciso prestar atención ós cambios estéticos que constantemente se dan na nosa sociedade. Sen olvidarnos dos valores positivos da estética, porque na maioría dos casos, o bonito atrae moito máis a atención que lo feo, provocando un culto á beleza dentro do discurso publicitario.

Dentro deste campo son coñecidos fotógrafos como Pasquale Caprile, Bernard Rives, Carlos Rondón, Cristina Arce, Jordi Bonfill, Héctor Nahmad, ...

Robert Capa

<strong>Robert Capa</strong> Robert Capa (1913-1954) é recoñecido mundialmente como un intrépido reporteiro de guerra. Realizou o seu primeiro reportaxe na Guerra Civil española para a revista "Life". Nela realizou unha das súas imaxes máis coñecidas: “Miliciano Ferido de Morte”.

A partir de aí, a súa carreira como reporteiro foi imparable. Ninguén se tiña achegado tanto á acción no campo de batalla. Capa dicía con frecuencia: “Se as túas fotografías non son o suficientemente boas é porque non estás o suficientemente preto”.

Nas súas imaxess captou algúns dos grandes momentos da historia moderna como o desembarco de Normandía na II Guerra Mundial, o nacimiento de Israel en 1949 ou a Guerra de Indochina naa que faleceu en 1954 ó pisar unha mina.

En 1947 fundara a axencia Magnum Photos con seus amigos Henri Cartier-Bresson, David Seymour e George Rodger. Rober Capa era tamén amigo de Picasso, Henri Matisse, Ingrid Bergman e Ernest Hemingway ós que tamén retratou.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Festival Iberoamericano de Publicidad

<strong>Festival Iberoamericano de Publicidad</strong> O FIAP ou Festival Iberoamericado de Publicidad celebrase anualmente dende 1969, e en Bos Aires dende 1990. Barcelona foi a súa sede no ano 1978 e Madrid en 1984. Ademais das seccións tradicionaies de televisión, gráfica e radio, conta con outras secciones como innovación en medios, internet e técnicas de producción audiovisual. Durante a súa celebración os asistentes poden participar en numerosas charlas e debates.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres