Coca Cola segue sorprendéndonos

Seguramente será criticada polo tema que tratan, pero sen embargo non é a primeira vez que recurren á iconografía mortuoria. Hai que ter en conta do tema tratado, o que prevalece é a alegría de vivir. Soñando, alguén se pode preguntar quen acudirá ó seu enterro. E aí está o resultado: xoves e vellos; executivos e undergrounds; saltimbanquis e limpiadores de plaias infectadas de petróleo. E Coca Cola no medio de todos eles, como un nexo de unión, de igualdade entre todas as razas, clases e condicións.
E a música? Esta vez nun cover, a ritmo de blues, da mítica canción Somebody to love, de Queen. E a imaxinación, sempre a imaxinación, en forma dun enorme peixe propio das historia sde Julio Verne e que, como unha reencarnación do máis alá, trágase ó homenaxeado, evitando así, que a súa existencia se perda no azul marino. Os soños, soños son.
Para ver o spot pincha aquí
2 comentarios
Natalia -
Por si no te lo he dicho, enhorabuena por el blog!
Ana -
Por certo, e iso dos limpiadores de praias infectadas de petróleo no enterro??? Que punto non?