Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Búsquedas Google Scholar

Google Scholar III

Nunha das miñas búsquedas en Google Scholar atopei un documendo en pdf sobre a producción e o deseño aplicado á publicidade. Foi escrito polo departamento de Comunicación Audiovisual, Literatura e Publicidade e RR.PP. da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla.

Caricias

Caricias Caricias é o título do novo spot do Volkswagen Passat que podemos ver durante estas últimas semanas en televisión. Supoño que todos nos chamaría esta anuncio á atención. A min o que máis me sorprende é a capacidade de espertar sensacións sen facer uso da palabra (só con imaxes e con música). Foi creado pola DDB, que realizou entre moitas outras campañas a da ONCE ("Yo te doy cremita, tú me das cremita..., Tengo gambas, tengo chopitos, tengo croquetas,... ou a súa versión en inglés: I have gambas, I have croquetas,...")ou a de Telefónica ADSL.
Datos sobre "Caricias":
Axencia: DDB Barcelona
Anunciante: V.A.E.S.A.
Producto: Automóbil
Marca: Volkswagen Passat
Contacto do cliente: Caita Montserrat, Albert García
Director creativo executivo: Jose Mª Roca de Viñals
Director de arte: Josep Mª Basora
Redactor: Pepe Colomer
Director da conta: Gorka Lozano
Executiva de contas: Laura del Río
Producer: Vicky Moñino
Productora: Lee Films International
Realizador: Victor Garcia
Productores executivos: Belen del Rey, Ángel Recio
Operador: Paco Femenía
Post-producción: Miopia
Estudio de sonido: BSO
Jingle: “In the mood for love”, de Yumeji’s Them.
Autor e intérprete: Shigeru Umebayashi.
Peza: Spot TV 40""

Ganadores do FIAP

CP Comunicación Proximity, co traballo "Puma Time Rescue" gañou gran premio na sección de internet do Festival Iberoamericano de la Publicidad (FIAP), o cal se celebrou na cidade de Bos Aires entre o 18 e o 22 de abril. Iste foi un dos cinco premios que conseguiu España na sección interactiva. Os grandes premios restantes repartíronse do siguiente xeito: en televisión foi para La Comunidad (Argentina) por un traballo para VH1 que competía na categoría de Medios de Comunicación; en gráfica, para FCB Portugal por unha campaña institucional para Grande Reportagem, e en radio, para JWT Argentina por unha campaña para o atún La Campagnola.

As axencias españolas máis galardonadas foron DDB, que conseguiu 12 premios (un ouro) e Tiempo DDBO, que gañou 10 (un ouro). Consiguieron premios no FIAP outras quince agencias españolas, aínda que ningunha delas gañou máis de dous premios. As que doblaron trofeo foron Vitruvio Leo Burnett, Contrapunto (que persoalmente opino que merece a pena visitar a súa páxina web), CP Comunicación Proximity (un deles, o gran premio de internet) e Zentropy (un ouro e unha plata). Tamén consiguiron un ouro Euro RSCG e Wysiwyg. Dáse a coincidencia (¿?¿?) de que as dúas axencias españolas máis premiadas contaban con presenza no xurado: Tiempo BBDO, a través do seu vicepresidente, Fernando Herrero, e DDB, do seu conselleiro delegado, Ernesto Rilova. No xurado de internet participou Enric Nel.lo, director creativo executivo de CP Interactive, división de nuevos medios de CP Comunicación Proximity. Os xurados españois completábanse con Gemma Soler, productora de Puente Aéreo.

Na pasada edición de FIAP a representación española logrou un éxito sin precedentes ó conseguir premios de radio e televisión, que recaeron en Tiempo BBDO, por "Teleamgios" para Renault, e DDB, por "Zoo" para Audi.