Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

GRITA

Un día non sei moi ben que estaba a facer cando na tele soou a canción "Grita" de Jarabe de Palo. Nese momento centreime na pantalla e creo que nunca me quedara mirando de tal xeito para ela. Non é que me pareza un grupo dos mellores (e menos dun par de anos a esta parte), pero é a canción que máis me gusta deles. Non sei por qué pero sempre pensei que sería perfecta para un anuncio, aínda que dubidaba ó plantexarme qué produto podería anunciar.
Tratábase dun spot de Sanitas no que se quere informar que incluen o servizo de psicología na súa cobertura básica. Nel, nun primeiro momento aparecen persoas de diferentes idades chorando. As imaxes están en cores claras ou en branco e negro, acentuando a dor que transmiten. No que se podería considerar unha segunda parte, os persoaxes xa aparecen arroupados por outras persoas ou simplemente cunha sorrisa.
As imaxes van acordes coa música pero o que non me gusta é o texto da voz en off: creo que lle falta sentimento e para a miña opinión é o que falla do anuncio.
Deixovola aquí e se queredes opinade:
“Cuando te duele la garganta sabes donde ir. Cuando te duele el estómago sabes donde ir, ¿y cuándo te duele el alma?

0 comentarios