Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Robert Capa

<strong>Robert Capa</strong> Robert Capa (1913-1954) é recoñecido mundialmente como un intrépido reporteiro de guerra. Realizou o seu primeiro reportaxe na Guerra Civil española para a revista "Life". Nela realizou unha das súas imaxes máis coñecidas: “Miliciano Ferido de Morte”.

A partir de aí, a súa carreira como reporteiro foi imparable. Ninguén se tiña achegado tanto á acción no campo de batalla. Capa dicía con frecuencia: “Se as túas fotografías non son o suficientemente boas é porque non estás o suficientemente preto”.

Nas súas imaxess captou algúns dos grandes momentos da historia moderna como o desembarco de Normandía na II Guerra Mundial, o nacimiento de Israel en 1949 ou a Guerra de Indochina naa que faleceu en 1954 ó pisar unha mina.

En 1947 fundara a axencia Magnum Photos con seus amigos Henri Cartier-Bresson, David Seymour e George Rodger. Rober Capa era tamén amigo de Picasso, Henri Matisse, Ingrid Bergman e Ernest Hemingway ós que tamén retratou.

2 comentarios

iria -

robert capa é sen dúbida un dos mellores fotógrafos que deu a historia. É realmente interesante o teu artículo. Fuches á exposición de Caixa Galicia das Brigadas Internacionais? Estaba moi ben e había fotos de Capa.
Felicítoche pola túa páxina.
Saúdos

AGonCou -

Hola Noe!
Estes son os que realmente sinten e aman a fotografía.Realizan un labor increíble arriesgando a súa vida e é unha lástima que o seu traballo non esté o suficientemente valorado.

Por certo gústame o teu blog e pasareime máis por aqui