Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Light Fever

Light Fever O novo spot de Coca Cola Light titúlase "Micrófono" e é obra de Publicis. Nel, repásanse algúns dos éxitos do grupo Mecano. Así, comezouse a emitir coincidindo co estreno do musical "Hoy no me puedo levantar", no que participa Nacho Cano, un dos integrantes do famoso grupo de pop español que tanto éxito acadou na década dos 80. Unha botella de Coca-Cola light utilízase como micrófono e é o fío conductor dista peza musical. O baile, a música e a enerxía son os aliados da marca neste novo capítulo de su campaña Light Fever. Poderá ser visto ata finais do mes de maio e tamén en cines.
Ficha técnica:

Axencia: Publicis España, S.A.

Anunciante: Coca-Cola España

Producto: Coca-Cola Light

Contacto Cliente: Félix Muñoz, Carmen Lorenzo e Mónica Rubio

Directores Creativos: Mari Luz Sánchez / Luis Solero

Redactora: Mari Luz Sánchez

Director de Arte: Luis Solero

Producer: Fernando García-Patos

Directora de Contas: María José Cancela

Supervisora de Contas: Begoña Pérez Rivas

Executivo de Contas: Mercedes Prieto

Productora: Albiñana Films

Realizador: Ramsés Albiñana

Productor: Eva Rodríguez

Música: Nacho Cano

Pieza: Spots TV 45” Y 30”

Coca Cola Light lanzouse en España en 1984. Daquela as campañas publicitarias insistían na ausencia de calorías con reclamos como “para estar mejor”, “menos de 1 caloría por vaso” ou “por un cuerpo así”. En 1992 a publicidade deu un xiro estratéxico. Elton John é o protagonista dunha campaña na que aparecen tamén estrellas de Hollywood como James Cagney ou Bogart. Pero o gran salto prodúsece en 1994 co anuncio do ‘chico coca-cola light’ e ‘a hora coca-cola light’. Dende entón, aumentou o número de consumidores masculinos da bebida.

0 comentarios