Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Principais Festivais

Palmarés de Televisión El Sol 2005

Aquí poderedes consultar os ganadores do Festival El Sol 2005 en canto á televisión. O que máis me chama á atención é que os primeiros premios foron adxudicados a marcas de bebidas: Coca Cola, Mahou San Miguel, Estrella Damm, Sprite, Aquarius,...
A que se pode deber isto???

Carlinhos Brown e Schweppes

Carlinhos Brown e Schweppes Teño que recoñecer que non me gusta nada o novo spot de Schweppes. Non dubido da importancia que ten Carlinhos Brown na música, pero creo que non foi apropiado elexilo como o protagonista da nova campaña da marca.
Se queredes consultar máis datos sobre a campaña e logo opinar aquí vos deixo unha noticia publicada no periódico dixital Cincodías.com

Coca Cola segue sorprendéndonos

Coca Cola segue sorprendéndonos Sra. Rushmore foi a encargada de realizar a nova campaña institucional de Coca Cola. A mensaxe que pretenden transmitir é que a vida non se apaga co fin dista. Niste spot de televisión atrévense a convertir un enterro nun canto á vida, plantexándonos valores que sempre foron defendidos pola marca como a alegría, a universalidade, o compromiso, a integración e a solidariedade.

Seguramente será criticada polo tema que tratan, pero sen embargo non é a primeira vez que recurren á iconografía mortuoria. Hai que ter en conta do tema tratado, o que prevalece é a alegría de vivir. Soñando, alguén se pode preguntar quen acudirá ó seu enterro. E aí está o resultado: xoves e vellos; executivos e undergrounds; saltimbanquis e limpiadores de plaias infectadas de petróleo. E Coca Cola no medio de todos eles, como un nexo de unión, de igualdade entre todas as razas, clases e condicións.

E a música? Esta vez nun cover, a ritmo de blues, da mítica canción Somebody to love, de Queen. E a imaxinación, sempre a imaxinación, en forma dun enorme peixe propio das historia sde Julio Verne e que, como unha reencarnación do máis alá, trágase ó homenaxeado, evitando así, que a súa existencia se perda no azul marino. Os soños, soños son.

Para ver o spot pincha aquí

Ganadores do FIAP

CP Comunicación Proximity, co traballo "Puma Time Rescue" gañou gran premio na sección de internet do Festival Iberoamericano de la Publicidad (FIAP), o cal se celebrou na cidade de Bos Aires entre o 18 e o 22 de abril. Iste foi un dos cinco premios que conseguiu España na sección interactiva. Os grandes premios restantes repartíronse do siguiente xeito: en televisión foi para La Comunidad (Argentina) por un traballo para VH1 que competía na categoría de Medios de Comunicación; en gráfica, para FCB Portugal por unha campaña institucional para Grande Reportagem, e en radio, para JWT Argentina por unha campaña para o atún La Campagnola.

As axencias españolas máis galardonadas foron DDB, que conseguiu 12 premios (un ouro) e Tiempo DDBO, que gañou 10 (un ouro). Consiguieron premios no FIAP outras quince agencias españolas, aínda que ningunha delas gañou máis de dous premios. As que doblaron trofeo foron Vitruvio Leo Burnett, Contrapunto (que persoalmente opino que merece a pena visitar a súa páxina web), CP Comunicación Proximity (un deles, o gran premio de internet) e Zentropy (un ouro e unha plata). Tamén consiguiron un ouro Euro RSCG e Wysiwyg. Dáse a coincidencia (¿?¿?) de que as dúas axencias españolas máis premiadas contaban con presenza no xurado: Tiempo BBDO, a través do seu vicepresidente, Fernando Herrero, e DDB, do seu conselleiro delegado, Ernesto Rilova. No xurado de internet participou Enric Nel.lo, director creativo executivo de CP Interactive, división de nuevos medios de CP Comunicación Proximity. Os xurados españois completábanse con Gemma Soler, productora de Puente Aéreo.

Na pasada edición de FIAP a representación española logrou un éxito sin precedentes ó conseguir premios de radio e televisión, que recaeron en Tiempo BBDO, por "Teleamgios" para Renault, e DDB, por "Zoo" para Audi.

Festival Iberoamericano de Publicidad

<strong>Festival Iberoamericano de Publicidad</strong> O FIAP ou Festival Iberoamericado de Publicidad celebrase anualmente dende 1969, e en Bos Aires dende 1990. Barcelona foi a súa sede no ano 1978 e Madrid en 1984. Ademais das seccións tradicionaies de televisión, gráfica e radio, conta con outras secciones como innovación en medios, internet e técnicas de producción audiovisual. Durante a súa celebración os asistentes poden participar en numerosas charlas e debates.

¿Quién no tiene una pasión?

¿Quién no tiene una pasión? A nova campaña publicitaria de BBVA segue a mesma liña que a de Adeslas que anteriormente comentei, pero sen embargo pódense establecer varias diferencias entre elas. O título desta nova campaña é "Pasión", pero neste caso é o texto o que cobra maior relevancia e está en harmonía coas imaxes, deixando nun segundo plano a música (só instrumental). En televisión existen dúas versións de 30 segundos cada unha con combinacións de 10 segundos.
Texto:
1. "¿Quién no tiene una pasión? Una pasión grande o pequeña. Una pasión, o dos, o tres. Tierna, de futuro. Pasión. No importa como sea. Lo importante, lo que verdaderamente cuenta es decirle adelante. Porque, ¿sabes? A veces de la forma más casual y casi sin quererlo la pasión te aparece a la vuelta de la esquina. Adelante, traenos tu pasión"
2. "¿Quién no tiene una pasión? Inés tiene una pasión. A Sara le vienen dos. La de Juan está en Oxford. La pasión de Ana es portátil. Es curioso, pero en esta vida quien más quien menos tiene una pasión. Lo que importa es que la puedas llevar adelante. Y es que a veces esa pasión te aparece a la vuelta de la esquina. Adelante, tráenos tu pasión."

Ademais, en radio emítense dúas versións: unha de 30 segundos e outra de 10 segundos. Tamén se pode ver en prensa, revistas e no exterior.
Pincha aquí e poderás consultar algúns dos seus datos e ver os vídeos.