Sra. Rushmore foi a encargada de realizar a nova campaña institucional de Coca Cola. A mensaxe que pretenden transmitir é que a vida non se apaga co fin dista. Niste spot de televisión atrévense a convertir un enterro nun canto á vida, plantexándonos valores que sempre foron defendidos pola marca como a alegría, a universalidade, o compromiso, a integración e a solidariedade.
Seguramente será criticada polo tema que tratan, pero sen embargo non é a primeira vez que recurren á iconografía mortuoria. Hai que ter en conta do tema tratado, o que prevalece é a alegría de vivir. Soñando, alguén se pode preguntar quen acudirá ó seu enterro. E aí está o resultado: xoves e vellos; executivos e undergrounds; saltimbanquis e limpiadores de plaias infectadas de petróleo. E Coca Cola no medio de todos eles, como un nexo de unión, de igualdade entre todas as razas, clases e condicións.
E a música? Esta vez nun cover, a ritmo de blues, da mítica canción Somebody to love, de Queen. E a imaxinación, sempre a imaxinación, en forma dun enorme peixe propio das historia sde Julio Verne e que, como unha reencarnación do máis alá, trágase ó homenaxeado, evitando así, que a súa existencia se perda no azul marino. Os soños, soños son.
Para ver o spot pincha aquí