Blogia

Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Despierta, es de noche

Despierta, es de noche

Creo que todos vimos a nova campaña publicitaria de Larios. Trátase de publicidade seriada, xa que está composta por catro gráficas diferentes:
1. Hazte antártico.
2. Hazte groenlandés.
3. Hazte islandés.
4. Hazte lapón.

Titúlase "países" e nela invítannos a adentrarnos e identificarnos con estos países nos que as noites duran meses.

A súa páxina web vale realmente a pena. Nela podes consultar datos sobre a marca e tamén sobre concursos e festas que preparan.

Google Scholar III

Nunha das miñas búsquedas en Google Scholar atopei un documendo en pdf sobre a producción e o deseño aplicado á publicidade. Foi escrito polo departamento de Comunicación Audiovisual, Literatura e Publicidade e RR.PP. da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla.

Google Scholar II

Co Google Scholar podemos buscar documentos en formato pdf.

Atopei un traballo sobre a publicidade en televisión moi interesante. Nel inclúense pistas para un consumo intelixente da televisión así como algunhas das preguntas máis frecuentes que nos podemos facer coas súas respostas.

Google Scholar I

Buscando en Google Scholar atopei varios documentos en formato pdf: sobre a semiótica da publicidade (citado por 20), sobre o Libro Rojo de la Publicidad (citado por 13), sobre a publicidade segundo Mattelart (citado 12),...

Caricias

Caricias

Caricias é o título do novo spot do Volkswagen Passat que podemos ver durante estas últimas semanas en televisión. Supoño que todos nos chamaría esta anuncio á atención. A min o que máis me sorprende é a capacidade de espertar sensacións sen facer uso da palabra (só con imaxes e con música). Foi creado pola DDB, que realizou entre moitas outras campañas a da ONCE ("Yo te doy cremita, tú me das cremita..., Tengo gambas, tengo chopitos, tengo croquetas,... ou a súa versión en inglés: I have gambas, I have croquetas,...")ou a de Telefónica ADSL.
Datos sobre "Caricias":
Axencia: DDB Barcelona
Anunciante: V.A.E.S.A.
Producto: Automóbil
Marca: Volkswagen Passat
Contacto do cliente: Caita Montserrat, Albert García
Director creativo executivo: Jose Mª Roca de Viñals
Director de arte: Josep Mª Basora
Redactor: Pepe Colomer
Director da conta: Gorka Lozano
Executiva de contas: Laura del Río
Producer: Vicky Moñino
Productora: Lee Films International
Realizador: Victor Garcia
Productores executivos: Belen del Rey, Ángel Recio
Operador: Paco Femenía
Post-producción: Miopia
Estudio de sonido: BSO
Jingle: “In the mood for love”, de Yumeji’s Them.
Autor e intérprete: Shigeru Umebayashi.
Peza: Spot TV 40""

Ganadores do FIAP

CP Comunicación Proximity, co traballo "Puma Time Rescue" gañou gran premio na sección de internet do Festival Iberoamericano de la Publicidad (FIAP), o cal se celebrou na cidade de Bos Aires entre o 18 e o 22 de abril. Iste foi un dos cinco premios que conseguiu España na sección interactiva. Os grandes premios restantes repartíronse do siguiente xeito: en televisión foi para La Comunidad (Argentina) por un traballo para VH1 que competía na categoría de Medios de Comunicación; en gráfica, para FCB Portugal por unha campaña institucional para Grande Reportagem, e en radio, para JWT Argentina por unha campaña para o atún La Campagnola.

As axencias españolas máis galardonadas foron DDB, que conseguiu 12 premios (un ouro) e Tiempo DDBO, que gañou 10 (un ouro). Consiguieron premios no FIAP outras quince agencias españolas, aínda que ningunha delas gañou máis de dous premios. As que doblaron trofeo foron Vitruvio Leo Burnett, Contrapunto (que persoalmente opino que merece a pena visitar a súa páxina web), CP Comunicación Proximity (un deles, o gran premio de internet) e Zentropy (un ouro e unha plata). Tamén consiguiron un ouro Euro RSCG e Wysiwyg. Dáse a coincidencia (¿?¿?) de que as dúas axencias españolas máis premiadas contaban con presenza no xurado: Tiempo BBDO, a través do seu vicepresidente, Fernando Herrero, e DDB, do seu conselleiro delegado, Ernesto Rilova. No xurado de internet participou Enric Nel.lo, director creativo executivo de CP Interactive, división de nuevos medios de CP Comunicación Proximity. Os xurados españois completábanse con Gemma Soler, productora de Puente Aéreo.

Na pasada edición de FIAP a representación española logrou un éxito sin precedentes ó conseguir premios de radio e televisión, que recaeron en Tiempo BBDO, por "Teleamgios" para Renault, e DDB, por "Zoo" para Audi.

Melendi e o chocolate.

Melendi e o chocolate.

Non son poucas as ocasións nas que unha persoa famosa protagoniza unha campaña publicitaria. No novo spot de Tokke podemos ver a Melendi. Nel, a música que podemos escoitar é o single do novo disco do cantante asturiano, Que el cielo espere sentado, que sairá á venda mañá (25 de abril). Opino que entre o producto e o artista se produce unha relación de necesidade mutua, aprobeitándose Tokke do éxito que acadará co seu novo traballo e ó mesmo tempo Melendi da fama da marca de chocolatinas.
Para ver o spot pincha aquí:

Ficha técnica:
Creatividad e anunciante: Cadbury
Producto: Barritas de chocolate
Marca: Tokke
Productora: Nephilim Producciones
Realizador: Alberto Ruiz-Rojo
Productor executivo: Jorge Moreno
Director de producción: Luis Cristóbal
Postproducción: Quimera Digital
Estudio do son: Sound Garden
Peza: Spot TV 20"
Título: "Tokke, el chocolate que más me pone""

RENFE

RENFE

Renfe estrea nova identidade corporativa e reforza o seu posicionamento como compañía líder do mercado dos transportes, aspectos que se dan a coñecer na campaña publicitaria, a cal comezou a emitirse o día 19 de abril en televisión, cine, internet, .... Vamos al futuro, ¿subes? é o eslogan deste traballo que foi realizado por Contrapunto.
A campaña permanecerá en antena ata finais do mes de maio.

Premios AMPE 2005

Premios AMPE 2005

A Asociación de Medios Publicitarios de España premiou co Grande Ampe de Ouro á campaña de Lotería Primitiva, Pancho.
En cine ganou "Bollywood" de McCann Erickson para Coca Cola; en diarios, "El espíritu de Don Quijote", de Zapping para a Xunta de Castilla La Mancha; en radio,"Teleamigos" , de Tiempo BBDO para Renault; en exterior, 'Vive la videollamada', de JWT para Vodafone; en internet, 'Altea', de Double You para Seat; en revistas, 'Belleza por definición', de Estee Lauder, e en televisión, ·"Oficina", de Y&R para Movistar.

As cinco campañas seleccionadas ó Gran Ampe de Oro, eran 'Espíritu Don Quijote', de Zapping para a Xunta de Castuilla La Mancha; "Pescadero", de DDB para la Once; 'Montañés', de Tiempo BBDO para Telefónica; "Mosquitos", de SCPF para BMW, e 'Pancho', de Tactics para Lotería Primitiva.

Light Fever

Light Fever

O novo spot de Coca Cola Light titúlase "Micrófono" e é obra de Publicis. Nel, repásanse algúns dos éxitos do grupo Mecano. Así, comezouse a emitir coincidindo co estreno do musical "Hoy no me puedo levantar", no que participa Nacho Cano, un dos integrantes do famoso grupo de pop español que tanto éxito acadou na década dos 80. Unha botella de Coca-Cola light utilízase como micrófono e é o fío conductor dista peza musical. O baile, a música e a enerxía son os aliados da marca neste novo capítulo de su campaña Light Fever. Poderá ser visto ata finais do mes de maio e tamén en cines.
Ficha técnica:

Axencia: Publicis España, S.A.

Anunciante: Coca-Cola España

Producto: Coca-Cola Light

Contacto Cliente: Félix Muñoz, Carmen Lorenzo e Mónica Rubio

Directores Creativos: Mari Luz Sánchez / Luis Solero

Redactora: Mari Luz Sánchez

Director de Arte: Luis Solero

Producer: Fernando García-Patos

Directora de Contas: María José Cancela

Supervisora de Contas: Begoña Pérez Rivas

Executivo de Contas: Mercedes Prieto

Productora: Albiñana Films

Realizador: Ramsés Albiñana

Productor: Eva Rodríguez

Música: Nacho Cano

Pieza: Spots TV 45” Y 30”

Coca Cola Light lanzouse en España en 1984. Daquela as campañas publicitarias insistían na ausencia de calorías con reclamos como “para estar mejor”, “menos de 1 caloría por vaso” ou “por un cuerpo así”. En 1992 a publicidade deu un xiro estratéxico. Elton John é o protagonista dunha campaña na que aparecen tamén estrellas de Hollywood como James Cagney ou Bogart. Pero o gran salto prodúsece en 1994 co anuncio do ‘chico coca-cola light’ e ‘a hora coca-cola light’. Dende entón, aumentou o número de consumidores masculinos da bebida.

Rafa Nadal

Rafa Nadal

A axencia Bassat Ogilvy encargouse dun dos últimos anuncios de Cola Cao, no que o protagonista é Rafa Nadal. Non é a primeira vez que esta marca recurre a deportistas xoves (Dani Pedrosa) e ás súas nais para protagonizaren os spots. Neles, a nai é a narradora, que vai facendo un percorrido pola vida do seu fillo: cando comezou a afecionarse polo deporte, as horas de sacrificio,... Todo isto, mentres se suceden imaxes do protagonista.
Para máis datos sobre o anuncio e poder velo, pincha aquí.

Blog sobre fotografía.

Se queredes consultar información sobre fotografía, aquí para ir a un blog dunha compañeira que trata exclusivamente deste tema.

Máis blogs sobre publicidade.

Na miña búsqueda en Technorati de blogs que traten sobre a publicidade atopei o de unha compañeira.

Blog sobre a publicidade

No blog de Máximo Pérez poderes consultar información sobre a nova campaña de Movistar e ver varias das imaxes que a forman. Vale a pena visitalo.

Movistar

Movistar

Creo que todos nos levamos uns días preguntando que é esa M ondulante que se pode ver en todos os lados, tanto pola rúa como en televisión: emiten o anuncio e tamén aparece en vallas formando parte da decoración. Aparecía en azul e en verde, cores corporativas de Movistar. Trátase da súa nova campaña creada por Young & Rubicam e Publicis.

"Elígeme, alégrame, felicítame, tócame, espérame, ...!"

Segunda pel

<strong>Segunda pel</strong>

A mensaxe que Levi´s nos quere transmitir na súa nova campaña gráfica correspondente á temporada primaveira-verán é que os Levi´s son como a nosa segunda piel. Podemos ver mostras dela tanto en exteriores como en revistas femininas, masculinas ou de tendencias. A campaña consta dunha serie de imaxess que mostran retratos sensuales de mozos e mozas que levan os seus jeans cosidos ó cuerpo. Desta xeito quérese mostrar a estreita e forte relación que existe entre uns jeans Levi’s e o seu dono. Por isto o eslogan: "Nada pode separalos".
BBH encargouse de crear a campaña e Robin Derrick foi o fotógrafo elexido. Iste, é o director creativo da edición británica de Vogue.
Durante o pasado mes de febreiro a marca puxo en marcha unha campaña televisiva centrada no modelo 501 con Anti-Form. Así, convirten Sueño de una noche de verano de Shakespeare nunha moderna historia de amor.

DEPORTE, MÚSICA E DANZA

É a danza un deporte??? Para Nike si. Por iso presentan unha nova colección Nikewomen conectando co xeito de ser da muller actual, transgresora e en forma.
Inspiráronse nsa tendencias hip hoperas e en varios estilos deportivos. O texido Dri-Fit xoga un papel moi importante.
A protagonista do spot central da campaña de Nike Woman é unha arxelina de 22 anos chamada Sofía. A ritmo de hip hop leva ó límite a súa flexibilidade e talento seguindo os consellos de Jamie King (coreógrafo de Madonna e Prince). O spot acaba con un reto. Só o altavoz marca as súas rutinas.
Máis de 50 persoas de distintos países estiveron involucradas na realización deste spot.

MAN RAY

<strong>MAN RAY</strong>

Man Ray é un dos fotógrafos máis importantes do dadaísmo estadounidense da primeira década do século XX xunto con Marcel Duchamp e Francis Picabia, así tamén como do surrealismo europeo dos anos vinte e trinta.
A súa aprendizaxe comeza en Nova York. Segue os consellos do fotógrafo Stieglitzquien, quen lle insiste para que participe na famosa exposición do Armory Show (1913), que provocou un escándalo que a convertiu no punto de partida da vangarda norteamericana. Máis tarde transladouse a París, onde os seus traballos se encamiñabancara ó cubismo e cara investigacións persoais coa realización de pinturas con aerógrafo como Seguidilla (1919). Pretende crear unha nova arte combinando pintura e fotografía para chegar á maior confusión entre unha e outra. Logo, elaborará e fotografiará elementos abstractos sacados de obxectos cotidianos como Gift (1921). Xa na decada dos vinte consigue ser fotógrafo profesional e desenrolou a técnica da fotografía sen cámara, resultando imaxes en blanco e negro, as chamadas raiografías. Colocaba obxectos sobre o papel fotográfico que determinaban novas e orixinaies formas. Dentro do surrealismo filmou varias películas como "Le retour à la raison" (1923), "Emak Bakia" (1926), "L' étoile de mer" (1928) o "Les mystères du Château du dé" (1929). Nesa mesma etapa volve á construcción de obxectos e a a pintura con rasgos totalmente asimilados do grupo surrealista como Observatoire du Temps (1932-1934). Os seus últimos traballos realizaos en Estados Unidos, concretamente en Hollywood durante a década dos corenta, participando na película de H. Richter "Dreams that money can buy" (1944) e pintando a serie Ecuaciones shakespearianas (1948).

12 MESES, 12 CAUSAS

<strong>12 MESES, 12 CAUSAS</strong>

Telecinco creou a Fundación "12 meses, 12 causas" coa finalidade de xestionar as diversas accións de carácter social que ven realizando a cadea que comprenden a campaña televisiva '12 meses, 12 causas', estructurada en torno a 12 spots institucionais e os Premios Telecinco '12 meses, 12 causas', articulados en torno a catro categorías. Na súa primeira edición os premiados foron:
-Premio ó mellor Spot Publicitario de Sensibilización Social: "Abróchate al cinturón, abróchate a la vida".
-Mellor Producción Audiovisual de Sensibilización Social:Película "Planta 4º".
-Premio José Couso al Cámara o Equipo de Cámaras/Realidad Social: MEDIASAT
-Premio "12 meses, 12 causas" a la Trayectoria Solidaria:Muhammad Yunus.


A través da Fundación iránse sumando novas iniciativas como acordos de colaboración con entidades docentes para potenciar a formación profesional no tocante ó medio audiovisual, ademais de realizarse programas de donación de material tecnolóxico e proxectos relacionados co Medio Ambiente.

12 causas 2005:
Enero: "Por los niños del sudeste asiático"
Febrero: "Por la libertad de expresión"
Marzo: "Por la tolerancia"
Abril: "Por la integración de las personas con descapacidad"
Mayo: "Por la donación de órganos"
Junio: "Por el uso responsable de los recursos naturales"
Julio: "Por el fomento del uso del casco"
Agosto: "Por una juventud sin alcohol y sin tabaco"
Septiembre: "Por el derecho de todos a la educación"
Octubre: "Por el respecto a las personas mayores"
Noviembre: "Contra la violencia en el hogar"
Diciembre: "Por unos hábitos saludables"

Na súa páxina oficial poderás ver os vídeos da campaña, participar nunha enquisa e obter información sobre os premiados na Primeira Edición.

¿Quién no tiene una pasión?

¿Quién no tiene una pasión?

A nova campaña publicitaria de BBVA segue a mesma liña que a de Adeslas que anteriormente comentei, pero sen embargo pódense establecer varias diferencias entre elas. O título desta nova campaña é "Pasión", pero neste caso é o texto o que cobra maior relevancia e está en harmonía coas imaxes, deixando nun segundo plano a música (só instrumental). En televisión existen dúas versións de 30 segundos cada unha con combinacións de 10 segundos.
Texto:
1. "¿Quién no tiene una pasión? Una pasión grande o pequeña. Una pasión, o dos, o tres. Tierna, de futuro. Pasión. No importa como sea. Lo importante, lo que verdaderamente cuenta es decirle adelante. Porque, ¿sabes? A veces de la forma más casual y casi sin quererlo la pasión te aparece a la vuelta de la esquina. Adelante, traenos tu pasión"
2. "¿Quién no tiene una pasión? Inés tiene una pasión. A Sara le vienen dos. La de Juan está en Oxford. La pasión de Ana es portátil. Es curioso, pero en esta vida quien más quien menos tiene una pasión. Lo que importa es que la puedas llevar adelante. Y es que a veces esa pasión te aparece a la vuelta de la esquina. Adelante, tráenos tu pasión."

Ademais, en radio emítense dúas versións: unha de 30 segundos e outra de 10 segundos. Tamén se pode ver en prensa, revistas e no exterior.
Pincha aquí e poderás consultar algúns dos seus datos e ver os vídeos.