Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

PUBLICIDADE EN TV, RADIO,... DESEÑO GRÁFICO, FOTOGRAFÍAS,...

25/06/2005

Coca Cola

cocacolaboooo.jpgNon me gusta nada o anuncio que se está emitindo de Coca Cola estos días. Creo que non fai falta explicalo porque con só velo unha vez, nunca te olvidas del.
Persoalmente prefiro os anuncios que teñen un tono un tanto sentimental que este tipo de campañas que siguen a liña do "Pita pita", nos que a música é tan importante. Quizais queiran presentar a marca dende unha visión humorística, pero non me chega a convencer.
25/06/2005 11:47 Enlace permanente. Tema: Novas campañas. Hay 4 comentarios.

16/06/2005

"Cada vez cuenta, piensa"

contradroga.jpgAcabo de escoitar na radio que a Fundación de Axuda contra a drogaadicción (FAD) está pondo en marcha unha campaña de sensibilización social dirixida ós xoves entre 18 e 25 anos para aumentar a concienza de peligro ante o consumo de drogas. Ademais, preténdese provocar a reflexión.
Dita campaña emitiranse en televisión e en radio durante 6 meses en castelán e en catalán e poderemos ver dous gráficos en prensa, un banner en Internet e a web www.cadavezcuenta.com
16/06/2005 20:47 Enlace permanente. Tema: Novas campañas. Hay 2 comentarios.

11/06/2005

Curiosidades e demais

O tema de Xaquín Rosales trae máis novas. Agora resulta que unha compañeira que ten un blog sobre fotografía visitou o meu blog e descubriu a iste fotógrafo galego. A súa sorpresa foi cando atopou unha foto da plaia do seu pobo sacada por el. Ademais, o propio Xaquín Rosales comentou no seu blog.
Teño que dicir que a partir de agora non dispoñerei de tanto tempo coma antes para escribir artículos no meu blog... xa se sabe, mala época para os estudiantes.
11/06/2005 16:54 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

07/06/2005

Palmarés de Televisión El Sol 2005

Aquí poderedes consultar os ganadores do Festival El Sol 2005 en canto á televisión. O que máis me chama á atención é que os primeiros premios foron adxudicados a marcas de bebidas: Coca Cola, Mahou San Miguel, Estrella Damm, Sprite, Aquarius,...
A que se pode deber isto???

05/06/2005

Xaquín Rosales

xaquin rosales.jpgHai uns días publiquei unha información sobre o fotógrafo portugués Bruno Espanada. E obtiven resposta a iste artículo... a miña sorpresa foi cando lin que era o mesmo Xaquín Rosales (a través de quen atopei información sobre Bruno Espadana) o que me respondera. Pois ben, agora invítovos a que visitedes a súa páxina web que vale realmente a pena. Non fai falta ir a outros países e nin sequera a outras comunidades para atopar a verdadeiros artistas. Ademais, fai comentarios bastante interesantes das súas fotos que nos fan reflexionar sobre varias cuestións da vida.
05/06/2005 17:08 Enlace permanente. Tema: Fotografía. Hay 2 comentarios.

03/06/2005

A perfeción é imposible de soportar???

a8.jpgA nova campaña do audi A8 está baseada no sindrome Stendhal (alteración do pulso, falta de aire,.... e todo isto causado cando nos atopamos coa perfeción).
Paréceme unha boa idea basearse nalgo real para realizar anuncios, así daráselle a coñecer ó público que antes non sabían. Creo que é acertada a música que usan no anuncio... acompañada moi ben pola voz que elexida.
O que queren transmitir é que o audi A8 é perfecto... e polo tanto non se estarían contradecindo??? Non están dicindo que sería imposible aguantar conducindo un A8?
03/06/2005 23:23 Enlace permanente. Tema: Novas campañas. Hay 3 comentarios.

29/05/2005

Carlinhos Brown e Schweppes

schweppes.jpgTeño que recoñecer que non me gusta nada o novo spot de Schweppes. Non dubido da importancia que ten Carlinhos Brown na música, pero creo que non foi apropiado elexilo como o protagonista da nova campaña da marca.
Se queredes consultar máis datos sobre a campaña e logo opinar aquí vos deixo unha noticia publicada no periódico dixital Cincodías.com
29/05/2005 17:14 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

28/05/2005

Bruno Espadana

bruno espadanae.jpgVisitando a páxina web dun fotógrafo de Vilagarcía de Arousa, Xaquín Rosales, atopei información sobre Bruno Espadana. A súa páxina está en portugués, pero con un pouco de paciencia pódese chegar a entender algo. Vale a pena coñecer o seu traballo.
28/05/2005 12:11 Enlace permanente. Tema: Fotografía. Hay 2 comentarios.

26/05/2005

El placer ha sido mío

A verdade é que levo unhas semanas escoitando comentarios de todo tipo sobre a nova campaña de Durex Algúns din que é orixinal e que facía falta anuncios dese tipo en televisión. Outros, argumentan que é un spot simple e que dende o primeiro momento sábese de que se está a falar, é dicir, non intriga ós espectadores...
A campaña foi realizada por McCann Erikson, creadora de gran parte dos spots de Coca Cola. Pero nista ocasión hai quen pensa que baixaron o seu nivel e esperemos que non sigan ise camiño...
26/05/2005 10:57 Enlace permanente. Tema: Novas campañas. Hay 1 comentario.

24/05/2005

Movistar co Festival Publicitario Iberoamericano

festival el sol.jpgA marca de telefonía Movistar pretende darnos a coñecer ós xoves o Festival Publicitario Iberoamericano.
Unha vez máis podemos ver mostras de como tanto a publicidade como as novas tecnoloxías van ligadas actualmente na vida dos máis novos.
En canto a iste festival, hai que salientar que levan durante vinte anos combatindo os estereotipos publicitarios. Sobre iste tema vale a pena mencionar un dos blogs dos meus compañeiros no que se ocupan dos estereotipos.
O festival antes chamábase Festival Publicitario de San Sebastián, pero centrábase só en traballos españois. Agora ocúpase tanto do mercado hispanoamericano e do hispano en USA como do portugués.
24/05/2005 16:51 Enlace permanente. Tema: Principais Festivais. No hay comentarios. Comentar.




Temas



Archivos

Enlaces

 

http://noecrespoc.blogia.com
 
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]