Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Sebastián Salgado

Sebastián Salgado É un dos fotógrafos que mellor plasman a realidade cunha gran dose de emotividade. Naceu no ano 1944 en Brasil e nun primeiro estaba interesado pola economía. A fotografía surxiu na súa vida cando, dende 1971 a 1973, traballou en África para a Organización Internacional do Café. Os seus primeiros traballos rexistraron a sequía no Sahel, África.
De 1977 a 1983 viaxou varias veces por América Latina. O resultado do traballo foi publicado no libro Otras Américas. En 1979 entrou en Magnum, axencia que reúne grandes nomes da fotografía mundial.
En 1986 comezou un proxecto sobre a desaparición do traballo manual, concretado en 1993 na exposición e no álbum Trabajadores.
Obras principais:
Éxodos
Movimiento "Sin tierras" de Brasil
Expoéxodos
Legends Online
Shanghai, Electric City
Chiapas
Terra


Recibiu varios premios como o Eugene Smith de Foto Humanista en 1982, o Kodak en 1984, o Oscar Barnak en 1985, o Rey de España en 1988 e o World Press de Periodismo.
Entrevista: "Mi trabajo es denuncia y testimonio"

1 comentario

mary -

ai!, xa vou un pouco atontada de mirar as blogs, pero persoalmente a túa é das mellores, é moi completa par o pcuco que levamos con elas.Moita sorte noemi!