Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

A fotografía publicitaria

<strong>A fotografía publicitaria</strong> A fotografía publicitaria exige técnica e creatividade a partes iguais, pero sempre ó servicio da funcionalidade que exige a adaptación ós intereses comenciais, xa que o fin é o aumento de ventas. Só se se aumenta o número de ventas tras a campaña, poderase valorar positivamente a capacidad publicística da fotografía.
Pódese inspirar na realidade, pero o que represesnta é unha realidade deseñada e posteriormente construída. A diferencia de outros xéneros fotográficos, a fotografía publicitaria crea o momento e a escena e o fotógrafo esfórzase por captalos, empregando tódalas técnicas que estean ó seu alcance. Poderase recurrir a diferentes técnicas e trucos co fin de lograr a imaxe que se desexa.
A fotografía publicitaria debe de ter presente dous aspectos: a limitación creativa que supón a funcionalidade da publicidade e a necesidade dunha dosis de orixinalidade para que se impoña esta funcionalidade, polo que se poderá dispoñer dun marxe de creatividade amplo, ainda a pesar das restriccións da funcionalidade.

Non podemos olvidar os recursos estéticos dentro da fotografía publicitaria, como elementos utilizados para a búsqueda da orixinalidade, sendo preciso prestar atención ós cambios estéticos que constantemente se dan na nosa sociedade. Sen olvidarnos dos valores positivos da estética, porque na maioría dos casos, o bonito atrae moito máis a atención que lo feo, provocando un culto á beleza dentro do discurso publicitario.

Dentro deste campo son coñecidos fotógrafos como Pasquale Caprile, Bernard Rives, Carlos Rondón, Cristina Arce, Jordi Bonfill, Héctor Nahmad, ...

0 comentarios