Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Fotografía

Xaquín Rosales

Xaquín Rosales Hai uns días publiquei unha información sobre o fotógrafo portugués Bruno Espanada. E obtiven resposta a iste artículo... a miña sorpresa foi cando lin que era o mesmo Xaquín Rosales (a través de quen atopei información sobre Bruno Espadana) o que me respondera. Pois ben, agora invítovos a que visitedes a súa páxina web que vale realmente a pena. Non fai falta ir a outros países e nin sequera a outras comunidades para atopar a verdadeiros artistas. Ademais, fai comentarios bastante interesantes das súas fotos que nos fan reflexionar sobre varias cuestións da vida.

Carlinhos Brown e Schweppes

Carlinhos Brown e Schweppes Teño que recoñecer que non me gusta nada o novo spot de Schweppes. Non dubido da importancia que ten Carlinhos Brown na música, pero creo que non foi apropiado elexilo como o protagonista da nova campaña da marca.
Se queredes consultar máis datos sobre a campaña e logo opinar aquí vos deixo unha noticia publicada no periódico dixital Cincodías.com

Revista sobre fotografía

Revista sobre fotografía Gustaríame recomendarvos unha revista dixital sobre fotografía. Nela, podemos consultar datos tanto de diferentes concursos de fotografía como consultar diversas noticias de actualidade. No portafolios aparecen varias fotografías, a maioría en branco e negro, realizadas por diferentes artistas e coa súa correspondente puntuación que lle otorgan os visitantes da páxina. Así, nós tamén podemos deixar reflectida a nosa opinión sobre ela.

Segunda pel

<strong>Segunda pel</strong> A mensaxe que Levi´s nos quere transmitir na súa nova campaña gráfica correspondente á temporada primaveira-verán é que os Levi´s son como a nosa segunda piel. Podemos ver mostras dela tanto en exteriores como en revistas femininas, masculinas ou de tendencias. A campaña consta dunha serie de imaxess que mostran retratos sensuales de mozos e mozas que levan os seus jeans cosidos ó cuerpo. Desta xeito quérese mostrar a estreita e forte relación que existe entre uns jeans Levi’s e o seu dono. Por isto o eslogan: "Nada pode separalos".
BBH encargouse de crear a campaña e Robin Derrick foi o fotógrafo elexido. Iste, é o director creativo da edición británica de Vogue.
Durante o pasado mes de febreiro a marca puxo en marcha unha campaña televisiva centrada no modelo 501 con Anti-Form. Así, convirten Sueño de una noche de verano de Shakespeare nunha moderna historia de amor.

Robert Capa

<strong>Robert Capa</strong> Robert Capa (1913-1954) é recoñecido mundialmente como un intrépido reporteiro de guerra. Realizou o seu primeiro reportaxe na Guerra Civil española para a revista "Life". Nela realizou unha das súas imaxes máis coñecidas: “Miliciano Ferido de Morte”.

A partir de aí, a súa carreira como reporteiro foi imparable. Ninguén se tiña achegado tanto á acción no campo de batalla. Capa dicía con frecuencia: “Se as túas fotografías non son o suficientemente boas é porque non estás o suficientemente preto”.

Nas súas imaxess captou algúns dos grandes momentos da historia moderna como o desembarco de Normandía na II Guerra Mundial, o nacimiento de Israel en 1949 ou a Guerra de Indochina naa que faleceu en 1954 ó pisar unha mina.

En 1947 fundara a axencia Magnum Photos con seus amigos Henri Cartier-Bresson, David Seymour e George Rodger. Rober Capa era tamén amigo de Picasso, Henri Matisse, Ingrid Bergman e Ernest Hemingway ós que tamén retratou.

A fotografía publicitaria

<strong>A fotografía publicitaria</strong> A fotografía publicitaria exige técnica e creatividade a partes iguais, pero sempre ó servicio da funcionalidade que exige a adaptación ós intereses comenciais, xa que o fin é o aumento de ventas. Só se se aumenta o número de ventas tras a campaña, poderase valorar positivamente a capacidad publicística da fotografía.
Pódese inspirar na realidade, pero o que represesnta é unha realidade deseñada e posteriormente construída. A diferencia de outros xéneros fotográficos, a fotografía publicitaria crea o momento e a escena e o fotógrafo esfórzase por captalos, empregando tódalas técnicas que estean ó seu alcance. Poderase recurrir a diferentes técnicas e trucos co fin de lograr a imaxe que se desexa.
A fotografía publicitaria debe de ter presente dous aspectos: a limitación creativa que supón a funcionalidade da publicidade e a necesidade dunha dosis de orixinalidade para que se impoña esta funcionalidade, polo que se poderá dispoñer dun marxe de creatividade amplo, ainda a pesar das restriccións da funcionalidade.

Non podemos olvidar os recursos estéticos dentro da fotografía publicitaria, como elementos utilizados para a búsqueda da orixinalidade, sendo preciso prestar atención ós cambios estéticos que constantemente se dan na nosa sociedade. Sen olvidarnos dos valores positivos da estética, porque na maioría dos casos, o bonito atrae moito máis a atención que lo feo, provocando un culto á beleza dentro do discurso publicitario.

Dentro deste campo son coñecidos fotógrafos como Pasquale Caprile, Bernard Rives, Carlos Rondón, Cristina Arce, Jordi Bonfill, Héctor Nahmad, ...

GRITA

Un día non sei moi ben que estaba a facer cando na tele soou a canción "Grita" de Jarabe de Palo. Nese momento centreime na pantalla e creo que nunca me quedara mirando de tal xeito para ela. Non é que me pareza un grupo dos mellores (e menos dun par de anos a esta parte), pero é a canción que máis me gusta deles. Non sei por qué pero sempre pensei que sería perfecta para un anuncio, aínda que dubidaba ó plantexarme qué produto podería anunciar.
Tratábase dun spot de Sanitas no que se quere informar que incluen o servizo de psicología na súa cobertura básica. Nel, nun primeiro momento aparecen persoas de diferentes idades chorando. As imaxes están en cores claras ou en branco e negro, acentuando a dor que transmiten. No que se podería considerar unha segunda parte, os persoaxes xa aparecen arroupados por outras persoas ou simplemente cunha sorrisa.
As imaxes van acordes coa música pero o que non me gusta é o texto da voz en off: creo que lle falta sentimento e para a miña opinión é o que falla do anuncio.
Deixovola aquí e se queredes opinade:
“Cuando te duele la garganta sabes donde ir. Cuando te duele el estómago sabes donde ir, ¿y cuándo te duele el alma?