Blogia
Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

MAN RAY

<strong>MAN RAY</strong> Man Ray é un dos fotógrafos máis importantes do dadaísmo estadounidense da primeira década do século XX xunto con Marcel Duchamp e Francis Picabia, así tamén como do surrealismo europeo dos anos vinte e trinta.
A súa aprendizaxe comeza en Nova York. Segue os consellos do fotógrafo Stieglitzquien, quen lle insiste para que participe na famosa exposición do Armory Show (1913), que provocou un escándalo que a convertiu no punto de partida da vangarda norteamericana. Máis tarde transladouse a París, onde os seus traballos se encamiñabancara ó cubismo e cara investigacións persoais coa realización de pinturas con aerógrafo como Seguidilla (1919). Pretende crear unha nova arte combinando pintura e fotografía para chegar á maior confusión entre unha e outra. Logo, elaborará e fotografiará elementos abstractos sacados de obxectos cotidianos como Gift (1921). Xa na decada dos vinte consigue ser fotógrafo profesional e desenrolou a técnica da fotografía sen cámara, resultando imaxes en blanco e negro, as chamadas raiografías. Colocaba obxectos sobre o papel fotográfico que determinaban novas e orixinaies formas. Dentro do surrealismo filmou varias películas como "Le retour à la raison" (1923), "Emak Bakia" (1926), "L' étoile de mer" (1928) o "Les mystères du Château du dé" (1929). Nesa mesma etapa volve á construcción de obxectos e a a pintura con rasgos totalmente asimilados do grupo surrealista como Observatoire du Temps (1932-1934). Os seus últimos traballos realizaos en Estados Unidos, concretamente en Hollywood durante a década dos corenta, participando na película de H. Richter "Dreams that money can buy" (1944) e pintando a serie Ecuaciones shakespearianas (1948).

0 comentarios