Blogia

Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Coca Cola

Coca Cola

Non me gusta nada o anuncio que se está emitindo de Coca Cola estos días. Creo que non fai falta explicalo porque con só velo unha vez, nunca te olvidas del.
Persoalmente prefiro os anuncios que teñen un tono un tanto sentimental que este tipo de campañas que siguen a liña do "Pita pita", nos que a música é tan importante. Quizais queiran presentar a marca dende unha visión humorística, pero non me chega a convencer.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

"Cada vez cuenta, piensa"

"Cada vez cuenta, piensa"

Acabo de escoitar na radio que a Fundación de Axuda contra a drogaadicción (FAD) está pondo en marcha unha campaña de sensibilización social dirixida ós xoves entre 18 e 25 anos para aumentar a concienza de peligro ante o consumo de drogas. Ademais, preténdese provocar a reflexión.
Dita campaña emitiranse en televisión e en radio durante 6 meses en castelán e en catalán e poderemos ver dous gráficos en prensa, un banner en Internet e a web www.cadavezcuenta.com

Curiosidades e demais

O tema de Xaquín Rosales trae máis novas. Agora resulta que unha compañeira que ten un blog sobre fotografía visitou o meu blog e descubriu a iste fotógrafo galego. A súa sorpresa foi cando atopou unha foto da plaia do seu pobo sacada por el. Ademais, o propio Xaquín Rosales comentou no seu blog.
Teño que dicir que a partir de agora non dispoñerei de tanto tempo coma antes para escribir artículos no meu blog... xa se sabe, mala época para os estudiantes.

Palmarés de Televisión El Sol 2005

Aquí poderedes consultar os ganadores do Festival El Sol 2005 en canto á televisión. O que máis me chama á atención é que os primeiros premios foron adxudicados a marcas de bebidas: Coca Cola, Mahou San Miguel, Estrella Damm, Sprite, Aquarius,...
A que se pode deber isto???

Balance

Balance

Despois duns meses escribindo do blog considero que é o momento de facer balance sobre os artículos publicados. Nel trato basicamente tres temas: novos anuncios (sobre todo en tv), fotografía e Festivais de Publicidade.
Teño que recoñecer que o tema que menos foi comentado e que quizais cause menos expetación é o dos Festivais de Publicidade e os seus resultados. Posiblemente porque só me limitei a dar datos obxectivos.
En tanto á fotografía, os meus artículos só foron comentados, en xeral, por unha persoa que trata este mesmo tema no seu blog.
Os novos anuncios foron o tema central. É un tema que resulta dinámico, xa que recibo respostas e consultas sobre el.
Istes seguirá sendo o tema principal, pero dende unha perspectiva máis persoal.

Xaquín Rosales

Xaquín Rosales

Hai uns días publiquei unha información sobre o fotógrafo portugués Bruno Espanada. E obtiven resposta a iste artículo... a miña sorpresa foi cando lin que era o mesmo Xaquín Rosales (a través de quen atopei información sobre Bruno Espadana) o que me respondera. Pois ben, agora invítovos a que visitedes a súa páxina web que vale realmente a pena. Non fai falta ir a outros países e nin sequera a outras comunidades para atopar a verdadeiros artistas. Ademais, fai comentarios bastante interesantes das súas fotos que nos fan reflexionar sobre varias cuestións da vida.

A perfeción é imposible de soportar???

A perfeción é imposible de soportar???

A nova campaña do audi A8 está baseada no sindrome Stendhal (alteración do pulso, falta de aire,.... e todo isto causado cando nos atopamos coa perfeción).
Paréceme unha boa idea basearse nalgo real para realizar anuncios, así daráselle a coñecer ó público que antes non sabían. Creo que é acertada a música que usan no anuncio... acompañada moi ben pola voz que elexida.
O que queren transmitir é que o audi A8 é perfecto... e polo tanto non se estarían contradecindo??? Non están dicindo que sería imposible aguantar conducindo un A8?

Carlinhos Brown e Schweppes

Carlinhos Brown e Schweppes

Teño que recoñecer que non me gusta nada o novo spot de Schweppes. Non dubido da importancia que ten Carlinhos Brown na música, pero creo que non foi apropiado elexilo como o protagonista da nova campaña da marca.
Se queredes consultar máis datos sobre a campaña e logo opinar aquí vos deixo unha noticia publicada no periódico dixital Cincodías.com

Movistar co Festival Publicitario Iberoamericano

Movistar co Festival Publicitario Iberoamericano

A marca de telefonía Movistar pretende darnos a coñecer ós xoves o Festival Publicitario Iberoamericano.
Unha vez máis podemos ver mostras de como tanto a publicidade como as novas tecnoloxías van ligadas actualmente na vida dos máis novos.
En canto a iste festival, hai que salientar que levan durante vinte anos combatindo os estereotipos publicitarios. Sobre iste tema vale a pena mencionar un dos blogs dos meus compañeiros no que se ocupan dos estereotipos.
O festival antes chamábase Festival Publicitario de San Sebastián, pero centrábase só en traballos españois. Agora ocúpase tanto do mercado hispanoamericano e do hispano en USA como do portugués.

Bruno Espadana

Bruno Espadana

Visitando a páxina web dun fotógrafo de Vilagarcía de Arousa, Xaquín Rosales, atopei información sobre Bruno Espadana. A súa páxina está en portugués, pero con un pouco de paciencia pódese chegar a entender algo. Vale a pena coñecer o seu traballo.

El placer ha sido mío

A verdade é que levo unhas semanas escoitando comentarios de todo tipo sobre a nova campaña de Durex Algúns din que é orixinal e que facía falta anuncios dese tipo en televisión. Outros, argumentan que é un spot simple e que dende o primeiro momento sábese de que se está a falar, é dicir, non intriga ós espectadores...
A campaña foi realizada por McCann Erikson, creadora de gran parte dos spots de Coca Cola. Pero nista ocasión hai quen pensa que baixaron o seu nivel e esperemos que non sigan ise camiño...

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Premios anuncios del año 2004

O pasado 19 de maio entregáronse os Premios Anuncios del año 2004. Entre os premiados atópanse axencias das que teño comentado algún anuncio como Sra. Rushmore ou McCann Erickson. O gañador en televisión foi o spot Zoo, realizado para BMW.
Consultei todos os anuncios que recibiron premios, e teño que recoñecer que algúns deles nunca os vira, sobre todo os gráficos. Quizais porque só chegan ás cidades máis grandes... non sei, pero creo que nos estamos a perder gran parte dos mellores anuncios do momento

"La era del ser humano"

"La era del ser humano"

O novo spot de Aquarius, realizado por Sra. Rushmore ten como argumento principal a grandeza do ser humán e a súa capacidade para superar calqueira previsión. Iste tema foi elexido de entre as diversas mensaxes que se lanzaban na anterior campaña da marca: a imprevisiblidade do ser humán, que a xente fai o que lle dea a gana, que o márketing en ocasións non funciona como se quere,... en fin, como eles din: "a era Aquarius". Persoalmente opino que é un tema moi vinculado coa actualidade... hoxe en día, e máis que nunca, a xente pretende actuar coa máxima liberdade posible, desafiando o que faga falla e intentando cumplir os seus soños sexa como sexa.
Por isto elexiron como protagonista da súa nova campaña a Justo Gallego, un home que, sin outra razón máis que a súa propia vontade, realizou algo que a ninguén (no seu sano xuízo) se lle ocorrería facer: construír unha catedral. E menos sen apoio oficial nin axuda de ningún tipo.
A acción apoiase na creación dun espazo web na dirección: www.aquariusesjusto.com

Quen lle ía a dicir que sería tan como coñecido como o é agora??? E iso que aínda non alcanzou nin a metade da popularidade que chegará a alcanzar. Por iso que, como algúns din, a vida é para os que se saen da normalidade e loitan polo que queren.

Antipublicidade¿?¿?

Antipublicidade¿?¿?

Bueno, como deberíamos ter información sobre o máximo posible na vida, aí vai unha páxina na que podemos ver varios contranuncios, así como ler algunhas noticias sobre o tema. Vale a pena visitala... o interesante sería discutir sobre o tema. Hai realmente xente que pensa que consumir "tanto" nos leva á morte???

Revista sobre fotografía

Revista sobre fotografía

Gustaríame recomendarvos unha revista dixital sobre fotografía. Nela, podemos consultar datos tanto de diferentes concursos de fotografía como consultar diversas noticias de actualidade. No portafolios aparecen varias fotografías, a maioría en branco e negro, realizadas por diferentes artistas e coa súa correspondente puntuación que lle otorgan os visitantes da páxina. Así, nós tamén podemos deixar reflectida a nosa opinión sobre ela.

BMW

BMW

Unha pregunta que nos deberiamos plantexar é por qué as campañas publicitarias de coches superan en calidade á media de campañas de outro tipo de produtos.
BMW lanza a nova campaña da Serie 1, que é obra de SCPF. O lanzamento da Serie 1 comezou en setiembre, intentando chegar con ela a cliente de entre 25 e 35 anos. Nun primeiro momento ista iniciativa apoiouse nunha campaña que incluía o spot "Mosquito".
O seu novo traballo leva por título "¿De qué vas a llenar tu Serie 1?". Poderémola ver tanto en televisión, como en prensa e en exterior.
Persoalmente opino que realmente si conseguen chegar ó tipo de público que prentenden e isto consígueno tanto polas imaxes como pola música que as acompaña. Istas campañas fanse son capaces de chamarnos á atención, que nos quedemos durante un rato atendendo ó spot e ó final comentalo con outras persoas. E isto é, moitas veces, o que se pretende conseguir (a parte de que finalmente acabes comprando o produto)

A publicidade na televisión pública

A publicidade na televisión pública

A nosa televisión pública é a máis permisiva en canto a publicidade se refire. Noutros países europeos a normativa con respecto a isto é moito máis dura.

Para constatar se o que se invirte en publicidade nunha determinada cadena é realmente o que lle corresponde según o dato de audiencia que recolle calculouse o ratio de conversión entre as dúas variables en cinco países europeos: España, Reino Unido, Alemaña, Francia e Italia.

Débese comprender do seguinte xeito: cuando o ratio está por encima de 1, significa nisa cadena invírtese máis do que por audiencia lle corresponde.

Podemos observar que o ratio de conversión entre a inversión e a audiencia das cadenas públicas en España supera notablemente ó do resto de países analizados. E é que nistos catro ámbitos as restriccións legais que albergan este tipo de canales son moi fortes:

· En Alemaña: a publicidad nas televisións públicas está prohibida todos os días 20:00 horas.Antes dise horario o límite está en 20 minutos de publicidade por hora. Os domingos e festivos non pode emitirse publicidade.

· En Reino Unido: a BBC (a principal cadena pública) non puede emitir publicidade.

· En Francia: os minutos publicitarios nas televisións públicas redúcese a 8 por cada hora. En total, a publicidade ó día non pode superar o 10% do tempo de emisión. Ademáis durante as películas está prohibida a publicidade.

· En Italia: o tempo publicitario sitúase no 20% de cada hora. En o total da publicidad durante un día non pode superar o 4% do tempo de emisión.

· En España: as televisións públicas teñen os mesmos límites que as privadas. A publicidade redúsece ó 20% nunha hora, e o total durante un día total día non pode superara o 15%. Pero pronto as dúas cadenas de TVE terán limitacións maiores. O seu tempo publicitario pasará de 12 minutos á hora a só 9.

Reflexións

Acabo de atopar un blog dun amante do diseño sinxelo e directo (segundo explica el mesmo). Nel fai unha reflexión sobre os anuncios de coches. Vale a pena lelo e recapacitar sobre el.
Para consultalo, pincha aquí.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Coca Cola segue sorprendéndonos

Coca Cola segue sorprendéndonos

Sra. Rushmore foi a encargada de realizar a nova campaña institucional de Coca Cola. A mensaxe que pretenden transmitir é que a vida non se apaga co fin dista. Niste spot de televisión atrévense a convertir un enterro nun canto á vida, plantexándonos valores que sempre foron defendidos pola marca como a alegría, a universalidade, o compromiso, a integración e a solidariedade.

Seguramente será criticada polo tema que tratan, pero sen embargo non é a primeira vez que recurren á iconografía mortuoria. Hai que ter en conta do tema tratado, o que prevalece é a alegría de vivir. Soñando, alguén se pode preguntar quen acudirá ó seu enterro. E aí está o resultado: xoves e vellos; executivos e undergrounds; saltimbanquis e limpiadores de plaias infectadas de petróleo. E Coca Cola no medio de todos eles, como un nexo de unión, de igualdade entre todas as razas, clases e condicións.

E a música? Esta vez nun cover, a ritmo de blues, da mítica canción Somebody to love, de Queen. E a imaxinación, sempre a imaxinación, en forma dun enorme peixe propio das historia sde Julio Verne e que, como unha reencarnación do máis alá, trágase ó homenaxeado, evitando así, que a súa existencia se perda no azul marino. Os soños, soños son.

Para ver o spot pincha aquí

Premios APPE

Premios APPE

Os Premios APPE foron entregados o pasado 28 de abril en Madrid. O premio ó mellor spot levouno Visionarios, producida por Pirámide e creada por Sra. Rushmore para Aquarius.
A productora máis premiada foi Lee Films, que consiguiu catro premios, entre eles o de Mellor Realización por 'Pancho', para Lotería Primitiva e Tactics. Álamo Films consiguiu tres premios, e RCR e Tesauro, dous cada una. O premio especial do xurado fue para Fabio Fava.

Mejor montaje :
Playstation (Axencia: TBWA Título: "Campo de batalla" )

Mellores efectos especiaiss e animación:
Castilla La Mancha (Axencia: Zapping Título: "Rutas" )

Mellor estilisimo:
Coca Cola (Axencia: McCann Erickson Título: "Gurú")

Mellor spot calidad/precio:
Festival de Cine Fantástico de Sitges (Axencia: Vitruvio Leo Burnett Título: "Pulpo" )

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres