Blogia

Fas zapping para poder ver os mellores anuncios???

Robert Capa

<strong>Robert Capa</strong>

Robert Capa (1913-1954) é recoñecido mundialmente como un intrépido reporteiro de guerra. Realizou o seu primeiro reportaxe na Guerra Civil española para a revista "Life". Nela realizou unha das súas imaxes máis coñecidas: “Miliciano Ferido de Morte”.

A partir de aí, a súa carreira como reporteiro foi imparable. Ninguén se tiña achegado tanto á acción no campo de batalla. Capa dicía con frecuencia: “Se as túas fotografías non son o suficientemente boas é porque non estás o suficientemente preto”.

Nas súas imaxess captou algúns dos grandes momentos da historia moderna como o desembarco de Normandía na II Guerra Mundial, o nacimiento de Israel en 1949 ou a Guerra de Indochina naa que faleceu en 1954 ó pisar unha mina.

En 1947 fundara a axencia Magnum Photos con seus amigos Henri Cartier-Bresson, David Seymour e George Rodger. Rober Capa era tamén amigo de Picasso, Henri Matisse, Ingrid Bergman e Ernest Hemingway ós que tamén retratou.

Festival Iberoamericano de Publicidad

<strong>Festival Iberoamericano de Publicidad</strong>

O FIAP ou Festival Iberoamericado de Publicidad celebrase anualmente dende 1969, e en Bos Aires dende 1990. Barcelona foi a súa sede no ano 1978 e Madrid en 1984. Ademais das seccións tradicionaies de televisión, gráfica e radio, conta con outras secciones como innovación en medios, internet e técnicas de producción audiovisual. Durante a súa celebración os asistentes poden participar en numerosas charlas e debates.

nx

<strong>nx</strong>

Unha das campañas publicitarias que máis nos chamaron á atención ó longo dos últimos meses foi a de "nx". Quizais isto se deba á súa orixinalidade: repartíanse folletos de diferentes cores e dunha forma non moi común nos que se podía ler “nx”, “una marca surfera?”, “ A que es un nuevo coche?”, “Algo de Internet…fijo”, “ un perfume…”, “Que es un refresssco”. Todas elas escritas en varios tipos de letras, semellando que foran escritas por diferentes persoas. Ademais tamén podíamos ver vallas cos mesmos mensaxes.
Teño que recoñecer que deu moito que falar entre o grupo de amigos e máis o día no que na glorieta que hai ó saír da facultade, un grupo de xoves portaban pancartas co mesmo texto. Cada un deles tiña unha unha postura diferente e por se lle preguntaramos que era nx, levaban a boca tapada por se caían na tentación de falar.
Todo isto tiña unha razón: un concurso. Dábanche a oportunidade de votar sobre o que ti pensabas que era nx. Só por participar entrarías no sorteo dun
grabador/reproductor MP3/WNA con radio.
Non se pode considerar que fora unha campaña que pasara desaperciba, senón todo o contrario: as cores incitábante a coller os folletos, o tipo de letra a lelos e o texto e a intriga que causaba a participar no concurso. A todo isto teríamoslle que engadir que as vallas estaban situadas dun xeito estratéxico, de forma que foran vistas por tódolos estudantes de publicidade de Pontevedra.
A sorpresa foi de todos cando se soubo realmente de que se trataba cando se estaba a falar de nx: unha páxina web con información para xente nova, a mesma que fora feita provisionalmente para dar o teu voto.
Pódela visitar en www. novaxove.com
Que opinas sobre campaña de "intriga" (como eles mesmo a denominaron)? Podes consultar diversas opinións aquí.

A fotografía publicitaria

<strong>A fotografía publicitaria</strong>

A fotografía publicitaria exige técnica e creatividade a partes iguais, pero sempre ó servicio da funcionalidade que exige a adaptación ós intereses comenciais, xa que o fin é o aumento de ventas. Só se se aumenta o número de ventas tras a campaña, poderase valorar positivamente a capacidad publicística da fotografía.
Pódese inspirar na realidade, pero o que represesnta é unha realidade deseñada e posteriormente construída. A diferencia de outros xéneros fotográficos, a fotografía publicitaria crea o momento e a escena e o fotógrafo esfórzase por captalos, empregando tódalas técnicas que estean ó seu alcance. Poderase recurrir a diferentes técnicas e trucos co fin de lograr a imaxe que se desexa.
A fotografía publicitaria debe de ter presente dous aspectos: a limitación creativa que supón a funcionalidade da publicidade e a necesidade dunha dosis de orixinalidade para que se impoña esta funcionalidade, polo que se poderá dispoñer dun marxe de creatividade amplo, ainda a pesar das restriccións da funcionalidade.

Non podemos olvidar os recursos estéticos dentro da fotografía publicitaria, como elementos utilizados para a búsqueda da orixinalidade, sendo preciso prestar atención ós cambios estéticos que constantemente se dan na nosa sociedade. Sen olvidarnos dos valores positivos da estética, porque na maioría dos casos, o bonito atrae moito máis a atención que lo feo, provocando un culto á beleza dentro do discurso publicitario.

Dentro deste campo son coñecidos fotógrafos como Pasquale Caprile, Bernard Rives, Carlos Rondón, Cristina Arce, Jordi Bonfill, Héctor Nahmad, ...

REFERENCIAS

<strong>REFERENCIAS</strong>

Coca Cola é unha das marcas máis coñecidas de refresco en todo o mundo e quizais por elo teñen, ó meu parecer, os mellores spots que se poden atopar no día a día. Ademais hai que engadir que a súa produción de anuncios é bastante elevada: "Navidad Coca Cola 2004", "EURO 2004", "Del Pita Pita Del", "Coca Cola Night Fever","El hermano de Jagger", "Para todos", "Chiwawa",...
Nalgúns casos están relacionados co fútbol, pero a maioría das veces cos sentimentos. Iste sería o caso do seu último anuncio que podemos ver na televisión: "Referencias". Nel, un xove trata de defender as boas referencias da súa nai ante o xefe. O texto resulta bastante emotivo: "Nací en el 86 y desde entonces todos le hemos creado unas ojeras que no oculta. Ella dice que son producto del amor" "Me convenció de que las verduras me pondrían los ojos verdes." "Le saca partido a todo, es un genio. Debería darle las gracias a mi padre por haberla" "Yo creo que eso son buenas referencias, ¿no?".
Datos sobre "Referencias":
Axencia: McCann Erikson
Axencia de medios: Universal McCann
Directores creativos executivos: Mónica Moro e Siro García-Quijada
Directora creativa e de arte: Raquel Martínez
Redactora: Mónica Moro
Executiva: Natalia García
Productora: Nine to Five
Realizador: Achero Mañas
Operador: Javier Aguirresarobe
Postproducción: Dalton´s, Telson e Serena
Música: Alejandro Pelayo

Timotei: nova campaña de publicidade.

Dende sempre hai unha certa competividade entre rubias e morenas e isto foi aprobeitado por Timotei para lanzar a súa nova campaña de Timotei Camomila (para rubias) e Timotei Henna (para morenas). Na súa páxina, www.rubiascontramorenas.com, poderás ver vídeos, postais, concursar defendendo a túa cor,... atréveste?? De momento a páxina foi visitada por máis morenas que rubias...

Dirección General de Tráfico en Semana Santa

Dirección  General de Tráfico en Semana Santa

A Dirección General de Tráfico lanza unha nova campaña informativa dirixida a todos aqueles que teñan pensado conducir durante Semán Santa. Nela acentúase a responsabilidade dos conductores ó volante, porque como eles mesmos din: “sen a túa colaboración, todo o noso esforzo é inútil”. Para elo o novo eslogan non pode ser máis claro: "no podemos conducir por ti".
A campaña foi seleccionada tras un concurso entre 21 e está en antena dende o 17 de marzo, aínda que terá continuidade durante o resto do ano naquelas datas nas que se contempla un maior número de desplazamentos pola estrada. Na televisión a campaña estará centrada nas imaxes que os operadores da DGT poden ver gracias ás cámaras en diferentes puntos da rede vial. O seu presuposto é de 16,4 millóns de euros.
Ademais durante iste periodo, nos paneis de información instalados nas estradas difundiranse mensaxes como:
- 103 muertos Semana Santa año pasado.
- La velocidad puede matar.
- No podemos conducir por ti.
- Volver es lo importante.
Podes consultar o anuncio que se emitirá en televisión en www.nopodemosconducirporti.com

Texto en tv: "Podemos seguir mejorando las carreteras. Podemos intensificar la información sobre tráfico. Podemos duplicar los controles de velocidad. Pero sin tu colaboración, todo nuestro esfuerzo es inútil. No podemos conducir por ti"

Texto en prensa: "No podemos conducir por ti. Podemos aumentar los controles de alcoholemia o implantar el permiso por puntos. Podemos seguir mejorando las carreteras o intensificar la información sobre el tráfico. Podemos incrementar el número de radares o duplicar los controles de velocidad. Pero lo que nunca podemos hacer es conducir por ti. Sin tu colaboración, todo nuestro esfuerzo es inútil".

Texto en radio: Loc. 1: Valora el nivel de conciencia y que nadie le quite el casco.
Loc. 2: Buenas noches, le vamos a realizar un control preventivo de alcoholemia
Loc. 3: Km 63, circulación intensa. Activen panel informativo.
Loc.4: Las condiciones del tráfico obligan a reducir la velocidad. Mantengan la distancia de seguridad
SFX: Choque
Loc. Off: Ayúdanos. Sin tu colaboración todo nuestro esfuerzo es inútil. Por mucho que hagamos no podemos conducir por ti. Dirección General de Tráfico. "

Datos:
Axencia: TBWA
Contacto Cliente: Juan Jesús Martín García, Teresa González González, Juana Sánchez Hernández
Director xeral creativo: Agustín Vaquero
Director creativo: Marc Caballé
Director de arte: Daniel Yustos
Director de planificación estratéxica: Jesús Fuertes
Subdirectora xeral: Nicole Möller
Directora de contas: Maite Flores
Executivos: Francisco Palma, Francisco Sánchez
Directora de produción: Gráfica Nuria Mazarío
Subdirectora de medios : Mar Torres
Directora planificación: Pepa González
Fotógrafo : Eduardo Diaz
Título: "Volantes""

Principais festivais de publicidade

FABAddy Awards
Cannes Lions 2005
Clio
Festival Iberioamericano da Publicidade
Effie Awards
Epica Awards
First Boards
London Advertinsing Awards

Don Quijote de la Mancha 2005

<strong>Don Quijote de la Mancha 2005</strong>

Co gallo do IV centenario da publicación de Don Quijote de la Mancha, lánzase unha nova campaña publicitaria para que visitemos Castilla-La Mancha. O seu título? "Descubre el espíritu de Don Quijote". Podemos ver mostras dela tanto en revistas como na televisión, neste último caso cunha música bastante relaxante e suxerente. Nela podemos observar como elemento máis importante o rostro de Don Quijote composto por diferentes formas e liñas de diversas cores, moitas delas representando características da comunidade. Ó meu parecer, trátase dun método de presentarnos ditas terras dun xeito tradicional (o que nos suxire o rostro de Don Quijote) e ó mesmo tempo moderno (polos diversos elementos que a forman).
Datos sobre "Descubre el espíritu de Don Quijote":
Axencia: Zapping
Contacto do cliente: María Luisa Araujo, Mercedes Pastor, César Lalanda e César Recalde (Carat)
Directores creativos: Urs Frick, Uschi Henkes e Manolo Moreno
Redactora: Mercedes Lucena
Director de arte: Víctor Gómez
Deseño: Víctor Gómez e Gabriel Hueso
Producer gráfico: Javier Jiménez
Director xeral e planificación estratéxica: Felipe San Juan
Directora de conta: Paula Mata
Executivas: Sonia Pizcueta e María Perea

Neste enlace poderás consultar información sobre actividades, eventos e iniciativas relacionados coa obra.

Sebastián Salgado

Sebastián Salgado

É un dos fotógrafos que mellor plasman a realidade cunha gran dose de emotividade. Naceu no ano 1944 en Brasil e nun primeiro estaba interesado pola economía. A fotografía surxiu na súa vida cando, dende 1971 a 1973, traballou en África para a Organización Internacional do Café. Os seus primeiros traballos rexistraron a sequía no Sahel, África.
De 1977 a 1983 viaxou varias veces por América Latina. O resultado do traballo foi publicado no libro Otras Américas. En 1979 entrou en Magnum, axencia que reúne grandes nomes da fotografía mundial.
En 1986 comezou un proxecto sobre a desaparición do traballo manual, concretado en 1993 na exposición e no álbum Trabajadores.
Obras principais:
Éxodos
Movimiento "Sin tierras" de Brasil
Expoéxodos
Legends Online
Shanghai, Electric City
Chiapas
Terra


Recibiu varios premios como o Eugene Smith de Foto Humanista en 1982, o Kodak en 1984, o Oscar Barnak en 1985, o Rey de España en 1988 e o World Press de Periodismo.
Entrevista: "Mi trabajo es denuncia y testimonio"

Ikea na radio: "Oda al dominguero"

<strong>Ikea na radio:</strong> &quot;Oda al dominguero&quot;

Trátase dun anuncio que se emitiu na radio para anunciar que Ikea ía abrir as súas portas o domingo. O texto resulta bastante divertido, ó igual que moita da súa publicidade en televisión.

LOCUTOR: A ti, dominguero, que tienes alma de caracol, que cada puente copas las carreteras de nuestra geografía y coleccionas los suplementos del periódico. A ti, que pasas las últimas horas de la semana con tus padres, mujer, hijos y perro, Ikea te abre sus puertas este domingo. Porque eres el único seguidor con nombre propio de un día de la semana, ¿o acaso conoces a algún lunero o sabadero? Este domingo ven a Ikea a disfrutar de tu día preferido.
Datos sobre "Oda al dominguero"
Agencia: SCPF
Anunciante: Ikea
Producto: Apertura en domingo
Marca: Ikea
Contacto del cliente: Sofía Rodríguez-Sahagún, Gabriela Díaz-Guardamino y Rafa Jiménez
Directores creativos: Toni Segarra y David Caballero
Equipo creativo: Isaac Oliver y Xavi Sitjar
Directora de cuenta: Natalia Cazcarra
Ejecutiva: Itziar Vázquez
Pieza: Cuña de radio 20”
Título: “Oda al dominguero”

GRITA

Un día non sei moi ben que estaba a facer cando na tele soou a canción "Grita" de Jarabe de Palo. Nese momento centreime na pantalla e creo que nunca me quedara mirando de tal xeito para ela. Non é que me pareza un grupo dos mellores (e menos dun par de anos a esta parte), pero é a canción que máis me gusta deles. Non sei por qué pero sempre pensei que sería perfecta para un anuncio, aínda que dubidaba ó plantexarme qué produto podería anunciar.
Tratábase dun spot de Sanitas no que se quere informar que incluen o servizo de psicología na súa cobertura básica. Nel, nun primeiro momento aparecen persoas de diferentes idades chorando. As imaxes están en cores claras ou en branco e negro, acentuando a dor que transmiten. No que se podería considerar unha segunda parte, os persoaxes xa aparecen arroupados por outras persoas ou simplemente cunha sorrisa.
As imaxes van acordes coa música pero o que non me gusta é o texto da voz en off: creo que lle falta sentimento e para a miña opinión é o que falla do anuncio.
Deixovola aquí e se queredes opinade:
“Cuando te duele la garganta sabes donde ir. Cuando te duele el estómago sabes donde ir, ¿y cuándo te duele el alma?

Deseño da información

O termo "deseño gráfico" é bastante extenso e difícil de explicar. Nel confluen varias disciplinas e é nunha delas na que podemos chegar a adentrarnos, xa que coñecer todas elas sería imposible. Pero a pesar de todo isto, non debemos ignorar ó resto de disciplinas, senón ter un pequeno coñecemento delas.
Ler post do 21.02.05

Novas campaña de publicidade

Clusty (74 resultados)
Technorati (402 resultados)

Artículo sobre a arquitectura da información

Se desexas informarte sobre iste tema, no seguinte enlace atoparás datos básicose de grande axuda. Arquitectura da información